Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ceibo das Barrelas, a favor dos veciños de Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 2 de xuño de 1999, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Pazos de Arenteiro, do monte denominado Ceibo das Barrelas, no concello de Boborás e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Boborás.

Denominación: Ceibo das Barrelas.

Comunidade propietaria: veciños de Pazos de Arenteiro.

Superficie: 31 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: río Avia.

Sur: estrada de Serantes.

Leste: monte propiedade dos veciños de Albarellos.

Oeste: monte propiedade de Fenosa.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 22 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense