Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Cavadas, a favor dos veciños de Partovia, no concello do Carballiño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en sesión celebrada en data 4 de novembro de 1997, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Cavadas e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López .

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: O Carballiño.

Denominación do monte : As Cavadas.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Partovia.

Superficie: 33.322,28 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Arturo Paz Crespo (parcela 1.801), Delfín Tato González parcela Evaristo González Fdez. (parcela 1.803).

Sur: herdeiros José Mª Bernárdez (parcela 85), herdeiros de Victoria Pérez González (parcela 81), hdos. de Andrés Pérez González (parcela 80), Antonio Fernández Presas (parcela 79), herdeiros de Luis Lage Muñoz (parcela 76), herdeiros de Ramón Pérez González (parcela 75), herdeiros de Ramón Pérez González (parcela 74), Francisco Núñez (parcela 71), propietario descoñecido (parcela 70), herdeiros de Andrés Pérez González (propietario 69), herdeiros de Jesús Vázquez (parcela 68), Benito González (parcela 67), herdeiros de Jesús Vázquez Pérez (parcela 66), José Gómez (parcela 65), herdeiros de Delfina Dorrego Veiga (parcela 64), Francisco Núñez Soto (parcela 63), Manuel Veiga Galiño (parcela 62), herdeiros de Antonio Crespo Piteira (parcela 61), Granitos Carballiño (parcela 54).

Leste: herdeiros de Ramón Pérez González (parcela 1.821), José Varela López (parcela 1.822), herdeiros de José A. Fdez. Núñez (parcela 1.823), José Varela López (parcela 1.824).

Oeste: Juan Ramón Crespo (parcela 1.775), herdeiros de Ramón Lage (parcela 1.773), herdeiros de José Benito Rodríguez (parcela 1.768), Joaquina Fernández Sotelo (parcela 1.770), herdeiros de José Benito Rodríguez (parcela 1.771), herdeiros de Lucinda Puga González (parcela 1.772), herdeiros de Lucinda Puga González (parcela 1.408), herdeiros de Celia Vázquez (parcela 1.407), Pedro Rodríguez Pérez (parcela 1.404), herdeiros de Andrés Pérez González (parcela 1.403), herdeiros de Andrés Pérez González (parcela 1.402), Carmen Vázquez Pérez (parcela 1.401), Agustina Vázquez (parcela 1.400), Eulogio Garabatos Rodríguez (parcela 1.399), Francisco Núñez (parcela 1.398), Francisco Núñez Soto (parcela 1.397).

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 20 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense