Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Campo Larín, a favor dos veciños de Freás, parroquia de Astariz, no concello de Castrelo de Miño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en

sesión celebrada en data 30 de xuño de 1999, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Freás, parroquia de Astariz, do monte denominado Campo Larín, no concello de Castrelo de Miño (Ourense) e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a José Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Castrelo de Miño.

Denominación: monte Campo Larín.

Comunidade propietaria: veciños de Freás, parroquia de Astariz.

Superficie: 100.000 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Silvino Figueiredo Pérez.

Sur: Delfina Fernández Rodríguez.

Leste: Concello de Toén.

Oeste: Andrés Otero Pérez.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense