De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15-C-128/1998 por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde teña vostede o seu domicilio ou teña a sede o órgano autor do acto orixinario, á súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2º b) 4 en relación co 14.1º segunda da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen oportuno.
Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galicia (2091)-Oficina de Relación con Organismos (0388)-Santiago de Compostela, no seguinte prazo:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 15-C-128/1998.
Denunciado: Nieves Amor Varela.
Domicilio: r/ Xeneral Sanjurjo, nº 162 (A Coruña).
Sanción e motivos: 25.000 ptas. (vintecinco mil pesetas), por irregularidades en prezos de campaña.
Data da resolución: 30-10-2000.
A Coruña, 11 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña