Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Vieiro, a favor dos veciños de Verducedo e Cascarballo, no concello de Montederramo (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 30 de xuño de 1999, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Vieiro, coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Montederramo.

Denominación: Monte Vieiro.

Comunidade propietaria: veciños de Verducedo e Cascarballo.

Superficie: 9,3 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedade particular de Manuel Vázquez Gómez, veciño de Verducedo.

Sur: termo municipal de Maceda.

Leste: pista Camiño de Escuadra.

Oeste: termo municipal de Maceda.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense