Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Narla, central de Gondai, en Lugo e Outeiro de Rei (Lugo) e promovido por Hidroeléctrica del Forcadas, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Narla, central de Gondai.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental