Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión realizada o día 14-12-2000 e en exercicio das competencias delegadas por resolución da alcaldía do 22-10-1999, publicada no BOP do 13 de novembro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

-Aprobar con carácter inicial a unión dos ámbitos das unidades de actuación 39, 40 e 41 constituíndo unha única unidade e a aplicación do sistema de compensación para a xestión e execución da unidade resultante.

-Somete-lo expediente a información pública polo prazo de 20 días.

Durante o prazo indicado, que se contará desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal), poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais da área de urbanismo e formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 19 de decembro de 2000.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo