Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (35/2000).

A Alcaldía Presidencia, con data 20 de decembro de 2000, dictou a seguinte resolución:

1. Aprobar, para os sós efectos do seu sometemento ó trámite de audiencia, o libro rexistro de transferencias correspondente a xestión dos aproveitamentos utilizados en expedientes da dita natureza biaxo a vixencia do Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana para o termo da Coruña aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 25 de xaneiro de 1985.

2. Aprobar, co mesmo carácter e trascendencia do número anterior, os criterios contidos no informe do arquitecto municipal do 13 de novembro de 2000 respecto das asignacións de polígonos nos que os titulares de aproveitamentos pendentes de materialización, procedentes do Plan Xeral de 1985, teñan que materializa-los seus dereitos, así como respecto dos coeficientes de homoxeneización aplicados á hora de converte-los aproveitamentos de orixe noutros de destino.

3. Aprobar, igualmente con carácter provisional e sen prexuízo do que resulte do trámite de audiencia, a relación de titulares de aproveitamentos pendentes de materializar, coa asignación pormenorizada de novos aproveitamentos a cada un deles, segundo consta na táboa 1 que se xunta como anexo ó informe do arquitecto municipal de data 13 de novembro de 2000.

4. Somete-lo expediente ó trámite de información públia e audiencia ós interesados durante un prazo de vinte días co fin de que poidan comparecer no expediente e formular cantas alegacións conveñan ós seus dereitos.

O que se publica para os efectos sinalados no punto cuarto do acordo que se transcribe indicando que o expediente se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Urbanismo, Sección de Xestión, e poderá ser consultado de luns a venres das 12 ás 14 horas.

A Coruña, 22 de decembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda