Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-14/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 24 de novembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Cándido Iglesias Carballido e Outros, S.C., para reaxustar aliñacións e rasantes, e ordenación de volumes no POL-H4.02 na rúa Salgado Somoza e Disciplina, coa seguinte condición, que deberá cumprir antes da aprobación definitiva:

Que se proceda a recalcula-lo aproveitamento correspondente ó polígono en función da delimitación aprobada por providencia da Alcaldía de data 30 de xuño de 1999, coas aliñacións establecidas polo plan xeral, previamente á aprobación do estudio de detalle.

Que se proceda a corrixi-los planos nº 5 e nº 6 de maneira que o grafado de volumes soamente afecte as parcelas incluídas no ámbito do POL H4.02, pero non á parcela lindante de Residencial Zalaeta, S.L.

Segundo.-Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.

Terceiro.-Notificarlles ós afectados, é dicir, herdeiros de Manuel Villar Vecino, Residencial Zalaeta, S.L. e Cándido Iglesias Carballido e Outros, S.C.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario

Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 30 de novembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo