Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 14-12-2000 e en exercicio das competencias delegadas por unha resolución da alcaldía do 22-10-2000, publicada no BOP do 13 de novembro, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle dos terreos que constitúen as UU.AA. 39, 40 e 41 delimitadas no PXOU previo á súa refundición nun único ámbito de actuación, redactado polo arquitecto Gonzalo García Martínez que ten por obxecto precisa-las aliñacións e as rasantes e ordena-los volumes da edificación correspondente.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante un anuncio no DOG nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o prazo indicado, que se contará desde á última publicación deste anuncio (DOG ou xornal), poderá examinarse o expediente nas oficinas municipiais da área de urbanismo e formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 19 de decembro de 2000.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo