Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 135/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.A, R.B.T., O Castro e Rebordelos (Ordes).

Liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos con conductor LA-56, de 733 m de lonxitude, con orixe na liña de Liste e final no C.T.A. O Castro, que se vai instalar de 529 m de lonxitude, con orixe na liña de Raxide e final no C.T.A. Rebordelos, que se vai instalar. Centros de transformación sobre apoios de formigón de 100 kVA. O do Castro e 50 kVA, o de Rebordelos e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Partindo redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.345 m de lonxitude o do Castro e 510 m de lonxitude o de Rebordelos, no termo municipal de Ordes.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 21 de xullo, no BOP do 18 de xullo, no xornal La Voz de Galicia do día 6 de xullo do 2000 e nos taboleiros de anuncios do Concello de Ordes ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no arti

go 57.B da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública destes que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 30 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña