Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 16 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Samperes, 2707.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, o acordo do 16 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación nomeada Samperes, 2707, sita en terreos dos termos municipais de Tui e O Porriño, provincia de Pontevedra, promovido por Mercedes Correa Morais.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 2,02 ha dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 1 cuadrícula mineira, comprendidas entre os paralelos 42º 05' 40'',

42º 06' 00'' norte, e polos meridianos 8º 40' 40'', 8º 41' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Samperes, 2707, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 12 de decembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra