Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 134/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación

concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Piñeiro-A Enfesta (Santiago de Compostela).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 672 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 63 da liña A Lavacolla-Frades (expediente 30896) e final en C.T. Piñeiro-A Enfesta, que se vai instalar. Centro de transformación, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 15 m e do C.T. Frades parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 86 m de lonxitude que se conectan a instalacións existentes. No termo municipal de Santiago de Compostela.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 21 de julio e no BOP do 18 de julio, no xornal El Correo Gallego do día 4 de xullo de 2000 e nos taboleiros de anuncios do Concello de Santiago de Compostela ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública destes que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 30 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña