Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Renovación da ETAP e saneamento en Muxía. (Muxía-A Coruña).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 245.984.655 ptas.

-Saneamento integral de Valga-primeira fase. (Valga-Pontevedra).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.-Depuración, Mantenimiento e Instalaciones, S.L e Hidroscivil, S.L. (UTE).

Orzamento: 371.600.000 ptas.

-Saneamento da parroquia de Baredo. (Baiona-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 53.440.000 ptas.

-Abastecemento de auga a Couboeira e Oirán-terceira separata. (Mondoñedo-Lugo).

Adxudicatario: Dago, S.A.

Orzamento: 33.000.000 de ptas.

-Captación, bombeo e depósito en Mesón do Vento. (Ordes-A Coruña).

Adxudicatario: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

Orzamento: 65.926.152 ptas.

-Saneamento de núcleos no concello da Peroxa. (A Peroxa-Ourense).

Adxudicatario: Manuel Caramés Rozados.

Orzamento: 62.900.000 ptas.

-Saneamento e abastecemento en Verín-segunda fase. (Verín-Ourense).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 242.240.500 ptas.

-Terminación, saneamento e abastecemento en Loureiro. (Amoeiro-Ourense).

Adxudicatario: Lorvicón, S.L.

Orzamento: 17.712.500 ptas.

-Estación de filtraxe de augas en depósito de regulación. (O Barco de Valdeorras-Ourense).

Adxudicatario: Cotragua, S.L.

Orzamento: 40.468.405 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia