Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a resolución pola que se deixa deserta a adxudicación do concurso público 9/2000, servicio de xestión de documentación clínica deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público 9/2000 para a contratación do servicio de xestión de documentación clínica del Complexo Hospitalario de Ourense, e á vista das actuacións practicadas de conformidade á lexislación vixente, esta Xerencia Xeral, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG 58, do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG 103, do 29 de maio), resolve facer pública a adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, núm. 52, 32005 Ourense.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: contratación do servicio de xestión de documentación clínica do Complexo Hospitalario de Ourense.

4. Data da resolución: 28 de novembro de 2000.

5. Acordo: deixar deserta a adxudicación do concurso público 9/2000. Contratación do servicio de xestión de documentación clínica do Complexo Hospitalario de Ourense.

6. Criterios de adxudicación: características funcionais: 5 puntos; relación prezo/calidade do servicio: 3 puntos; diminución do importe previsto de investimento e a súa amortización: 2 puntos.

7. Número de ofertas recibidas: 2.

8. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial das Comunidades Europeas: 12 de agosto de 2000.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado: 22 de agosto de 2000.

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 23 de agosto de 2000.

11. Data de envío do anuncio: 14 de decembro de 2000.

12. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 1 de decembro de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense