Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Pecoazo e outros, pertencentes á parroquia de Xesta (concello de Lalín).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 13 de outubro de 1999, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Lalín.

Parroquia: Xesta.

Nome do monte: Costa da Fervenza.

Cabida: 10,51 ha.

Lindes:

Norte: partindo da divisoria de augas diríxese cara ó SE en aliñación recta a uns 50 m ó norte da valgada que descende cara ó río Asneiro seguindo límites con predios particulares de veciños de Torguedo (parroquia de Catasós) e terminando nas proximidades do leito do río Asneiro.

Relación de colindantes: Mercedes Ferreiro Jácome, Elisa Alvarellos Villar, Avelina e José Reboredo García e outros.

Leste: desde o punto anterior e en dirección SO, augas arriba do río Asneiro, segue os límites de predios particulares ata o cruzamento coa pista que une Pontenofe e Fervenza coa estrada N-525.

Relación de colindantes: Camilo Canda Novoa, Mª Amparo Quiroga, herdeiros José Reboredo García e outros.

Sur: seguindo a liña de máxima pendente en sentido ascendente ata alcanza-la divisoria de augas.

Relación de colindantes: Antonio Rodríguez Fernández, María Juana García Ferradás, Ramona García Ferradás e outros.

Oeste: desde o punto anterior segue a divisoria de augas ata pecha-lo perímetro co punto de partida no límite norte.

Relación de colindantes: Antonio García Amorín, José Luis Puga Iglesias, José Villar Reboredo e outros.

Servidumes: a parcela está atravesada en toda a súa lonxitude pola pista que une Pontenofe a Fervenza coa estrada N-525.

Descrición: por riba da pista anteriormente citada, a parcela aparece cuberta por un rexenerado de piñeiro sobre uceira, con abundantes rasos. Por debaixo da pista o voo está formado por unha mestura de carballo, bidueiro e rexenerado de piñeiro.

Nome do monte: Penouzas.

Cabida: 23,94 ha.

Lindes:

Norte: muro por medio linda con propiedade particular do Pazo da Xesta ata unirse co camiño ó monte dos Croios, seguindo este ata a súa intersección co camiño que se dirixe cara á Puxallos.

Relación de colindantes: herdeiros de José Reboredo López, José Lalín Pichel e esposa, Avelino Villamarín Valdonado e outros.

Leste: desde a intersección anterior segue o camiño que une o camiño ó monte dos Croios coa pista que une Puxallos coa estrada de Ourense, ata unhas penas sobre Zarra de Pazo, desde alí bordeando predios privados segue ata alcanza-lo cruzamento de camiños do que parte o que desde Puxallos se dirixe á estrada PO-202.

Relación de colindantes: Pedro González Jácome, Andrés García Rodríguez, Camilo Gonzáles Bodario e outros.

Sur: desde o punto anterior segue límites de predios privados ata alcanzar muro que limita coa granxa de Lagorzos, seguindo este muro ata o camiño que une esta granxa con Puxallos.

Relación de colindantes: José Alvarellos Iglesias, Consuelo Alvarellos, Mª Josefa Alvarellos Villar e outros.

Oeste: desde o punto anterior diríxexe cara ó norte, seguindo muro que separa de prados, pista e límites con predios particulares sinalados cun suco, ata o muro que separa o predio Lagorzos, de alí ata o peche con límite norte.

Relación de colindantes: Jesús Munin Ferrada, Ramón González Jácome, José Iglesias Fernández e outros.

Servidumes: a parcela está atravesada por varios camiños que partindo do cruzamento situado na unión dos límites E e S se dirixen a Seixas, á Granza de Lagorzos, á estrada PO- 202 Lalín-Carballo e á ponte de Pontenofe. Así mesmo aparece atravesada por un tendido eléctrico. No sur da parcela, coincidindo coas súas cotas máis altas, atópase un depósito arqueolóxico distinguíndose varias mámoas sobre o terreo.

Descrición: mato de toxo e uz observándose rexenerado ocasional de piñeiro e bidueiro nas zonas máis baixas, signos de pastoreo e afloramentos rochosos.

Nome do monte: Lavaxeira.

Cabida: 9,97 ha.

Lindes:

Norte: pista que une Puxallos coa estrada PO-202 Lalín-Carballo.

Relación de colindantes: pista que une Puxallos coa estrada PO-202 Lalín-Carballo.

Leste: propiedades particulares, muro por medio, ata o cruzamento co camiño de Lavaxeira de Abaixo.

Relación de colindantes: Consuelo Ojea Gómez, Germán Ojea Gómez, Dosinda Ojea Gómez e outros.

Sur: sepárase do camiño de Lavaxeira de Abaixo seguindo muro que separa de predios particulares, descendendo ata as proximidades do río Seixas afastándose de novo del seguindo límite con prados.

Relación de colindantes: José Senra García, Manuel Lalín Cibeira, José Varela García e outros.

Oeste: segue muro de separación con predios particulares, cruzando o tendido de ferrocarril Santiago-Ourense a uns 60 m da boca sur do túnel, ata o cruzamento co camiño de Lavaxeira de Abaixo. Desde alí segue muro de separación con predios particulares ata o cruzamento coa pista que une Puxallos coa estrada PO-202 Lalín-Carballo.

Relación de colindantes: José Froiz Novoa, vía ferrocarril Santiago-Ourense, Amelia Gil González e outros.

Servidumes: o predio está atravesado polo camiño de Lavaxeira de Abaixo con ramais que partindo del se dirixen ó muíño do ferrador e ó campo de fútbol. Vía e boca de túnel do ferrocarril Santiago-Ourense.

Descrición: realizouse unha nivelación na parte máis alta da parcela destinada á instalación do campo de fútbol de Xesta. O resto da parcela está cuberta por abundante rexenerado de piñeiro, con algunhas zonas con pés malformados, resto dunha corta realizada no último ano.

Nome do monte: Lúa ou Val de Laborea.

Cabida: 3,262 ha.

Lindes: o Camiño de Picouzo de Arriba divide en dous esta parcela deixando ó leste unha parte de forma triangular coñecida como Lúa con límites:

Oeste e norte: co citado camiño.

Leste: co camiño veciñal de Puxallos e

Sur: muro por medio, con predio privado.

Relación de colindantes: parte leste Lúa:

Norte: Basilisa Canda Novo, David Fariñas González, José Luis Puga Iglesias e outros.

Leste: camiño veciñal de Puxallos.

Sur: Benita Amorín Pascual, José González López, José Rodríguez González.

Oeste: camiño de Picouzo de Arriba.

A parte oeste ten os seguintes límites:

Norte: muro de terra (torreón) por medio, con predios particulares.

Leste: camiño de Picouzo de Arriba.

Sur: predios particulares de veciños da Xesta en aliñación recta desde el ata o muro de pedra.

Oeste: muro de pedra por medio, con predios particulares.

Relación de colindantes: parte oeste Val de Laborea:

Norte: María González.

Leste: camiño de Picouzo de Arriba.

Sur: José González Crespo e José Crespo Enríquez.

Oeste: Nicolás Rozas Silva.

Servidumes: o predio aparece dividido polo camiño de Picouzo de Arriba que o atravesa de Norte a Sur.

Descrición: ambas parcelas están en monte alto cubertas de mato de uz e xesta con abundante rexenerado de piñeiro e carballo.

Nome do monte: Monte dos Croios.

Cabida: 5,9 ha.

Lindes:

Norte: partindo desde o camiño de Picouzo ata pista forestal, limita muro por medio con predios particulares.

Relación de colindantes: Antonio Blanco, José Ferreiro e outros.

Leste: predios particulares desde o punto último anterior ata pista forestal e masa de carballo.

Relación de colindantes: Remigio Reboredo Varela, Herdeiros de Manuel Rodríguez Reboredo e outros.

Sur: muro por medio con predios particulares.

Relación de colindantes: Manuel H. Baleiro, Amadeo Fernández Hernández e outros.

Oeste: predios particulares.

Relación de colindantes: José Fernández Ferreiro, Manuel Reboredo González e outros.

Servidumes: a parcela está atravesada polo camiño de Picouzo e por varios ramais deste.

Descrición: rexenerado de piñeiro e mato de uz e afloramentos rochosos.

Nome do monte: Picouzo.

Cabida: 29,45 ha.

Lindes:

Norte-leste: desde o cruzamento de pista do muíño con regato de Valiño de Sante, segue este regato ata camiño, camiño veciñal, muro por medio con predios particulares ata camiño.

Relación de colindantes norte-leste: regato, comunal de Dozón, José González López e outros.

Sur-oeste: regato en dirección descendente ata o río Seixas, muro por medio con predios particulares, muíño, río Seixas e predios particulares.

Relación de colindantes sur-oeste: comunais da Xesta, Fernando Varela e outros.

Servidumes: está atravesado por pistas de acceso a muíño e predios particulares e por camiño veciñal. Deste predio segregáronse dous enclaves, nas proximidades do muíño e separados por muro, cunha superficie conxunta aproximada de 0,5 ha, non incluídos na descrición achegada ó expediente.

Descrición: rexenerado de piñeiro e bidueiro, formación de ribeira nas proximidades do río Seixas, resto mato de xesta e afloramentos rochosos.

Nome do monte: A Silva.

Cabida: 5,98 ha.

Lindes:

Norte: separado por suco e lombo (torreón), predio particular ata o río Seixas.

Relación de colindantes: José González López, Ramona García.

Leste: río Seixas.

Relación de colindantes: río Seixas.

Sur: monte das Seixas, predios particulares muro por medio.

Relación de colindantes: Fernando Varela, Eladio Presas Valín e outros.

Oeste: regato ascendendo ata ó límite norte.

Relación de colindantes: José González López e termo municipal de Dozón.

Servidumes: parcialmente percorrido por camiños de acceso a predios colindantes.

Descrición: mato de uz e toxo, con escasa presencia de rexenerado de bidueiro e piñeiro. Vexetación de ribeira nas proximidades do río Seixas.

Nome do monte: Carpaceira.

Cabida: 4,62 ha.

Lindes:

Norte: seguindo línea de nivel, predios particulares.

Relación de colindantes: Ramona Cibeira González, Eladio Presas Valín e outros.

Leste: predios particulares, muro por medio ata estrada de Seixas a PO-202.

Relación de colindantes: termo municipal de Dozón, Fernando Varela e outros.

Sur: estrada de Seixas a PO-202.

Relación de colindantes: termo municipal de Dozón.

Oeste: predios particulares, muro e rego-lombo por medio.

Relación de colindantes: Ramona Cibeira González, herdeiros de José Lalín e outros.

Servidumes: está atravesada por camiño que partindo da estrada que une Seixas coa PO-202 chega a Seixas. Depósito de augas de subministración a Seixas.

Descrición: mato toxal-uz, gando.

Nome do monte: Abaixo dos Campos.

Cabida: 1,86 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares, muro por medio.

Relación de colindantes: José González López.

Leste: predios particulares.

Relación de colindantes: Manuel Lalín Paz.

Sur: predios particulares, muro por medio.

Relación de colindantes: José Iglesias Fernández, José González López.

Oeste: camiño veciñal de Navallo.

Relación de colindantes: David Jácome Villar, Adelaida Gutiérrez Lalín e outros.

Servidumes: atravesada por camiños de servicio de Navallo. Parcialmente cultivada con cereal, autorizado polo común.

Descrición: mato de toxo, escasos carballos e cultivo de centeo.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 22 de novembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra e presidente do Xurado