Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 271

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (249/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 249/2000 se dictou cédula de citación que literalmente di:

«Cédula de citación.

O/A maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancie a Instrucción número dous de Santiago de Compostela acordou citar a vde., co fin de que o próximo día vintedous de febreiro de dous mil un, ás doce cincuenta horas, asista na sala de vistas número dous, primeira planta, á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercíboo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que o impida, poderá impoñérselle unha multa, recaerá sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e lle sirva de citación a Rafael Lucena Caballero, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Santiago de Compostela o doce de decembro de dous mil.

O secretario

Rubricado