Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 261

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000 pola que se convocan 14 bolsas de colaboración para a realización de tarefas de análise relacionadas coa reforma administrativa no ano 2001.

O artigo 3.1º g), da Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), prevé entre os fins da escola «a investigación, a documentación, o estudio e a realización de traballos de divulgación no eido da Administración pública, promovendo a súa máxima difusión».

De conformidade coa referida disposición, convócanse 14 bolsas de colaboración en tarefas de análise relacionadas coa reforma administrativa, segundo as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

A Escola Galega de Administrción Pública convoca catorce bolsas de colaboración en tarefas de análise relacionadas coa reforma administrativa na Inspección Xeral de Servicios.

Segunda.-Duración e dotación económica.

As tarefas relativas a estas bolsas iniciaranse a partir da incorporación dos bolseiros e rematarán o 31 de decembro de 2001. Poderán ser prorrogadas, en función do aproveitamento do adxudicatario, sempre que exista crédito adecuado e suficiente, ata un máximo de dous anos incluído o ano da convocatoria.

A dotación económica de cada bolsa será de 150.000 pesetas mensuais brutas coa retención fiscal que lle corresponda. Respecto ó pagamento haberá que aterse ó disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e o artigo 40 do proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, acordando o pagamento parcial á conta da liquidación definitiva a medida que se xustifiquen os libramentos anteriores, ata a porcentaxe do 80% da subvención concedida. O importe citado será pagado mensualmente na conta bancaria indicada polo interesado, logo da certificación emitida polo inspector xeral da Inspección Xeral de Servicios da Xunta de Galicia acreditativa das tarefas executadas.

Os gastos ocasionados con motivo destes desprazamentos serán pagados, logo da certificación emitida polo inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia acreditativa dos gastos producidos, sen que estes poidan supera-la contía establecida para o grupo II do Decreto 299/1990, do 24 de marzo, sobre as indemnizacións por mor do servicio ó persoal con destino na Administración autonómica.

Os pagamentos serán efectuados pola Inspección Xeral de Servicios con cargo á aplicación orzamen

taria 04.11.121 A.480.0 do seu orzamento de gastos, ata un máximo de 27.778.000 pesetas, incluíndo os gastos de desprazamento.

Antes de proceder ó último pagamento, os beneficiarios deberán efectuar unha declaración xurada ou responsable conforme non exerceron ningunha outra actividade remunerada ou tiveron doutra bolsa que a adxudicada en virtude da presente convocatoria.

Terceira.-Natureza xurídica da relación.

A condición de bolseiro non xerará unha relación laboral ou administrativa coa Xunta de Galicia nin a súa inclusión na Seguridade Social.

Será incompatible co desempeño doutra actividade remunerada e/ou desfrute doutras bolsas.

Cuarta.-Requisitos dos participantes.

Poderán optar ás bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Licenciado en dereito, en administración e dirección de empresas, en economía, en ciencias políticas e da administración, en enxeñería informática ou enxeñería en organización industrial.

b) Posuír coñecementos en lingua galega.

c) Posuír coñecementos en informática.

d) Dispor de carné de conducir.

Quinta.-Solicitudes.

As persoas interesadas presentarán no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, dentro dos dez días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria, a seguinte documentación:

a) Unha instancia de solicitude segundo o modelo anexo.

b) Currículum vitae e certificación media académica.

c) Acreditación dos coñecementos en lingua galega.

d) Acreditación dos coñecementos en informática.

e) Acreditación de dispor de carné de conducir.

f) Memoria descritiva en cinco follas como mínimo e dez como máximo sobre as tendencias ou procesos actuais de reforma ou modernización das administracións públicas.

g) Declaración xurada ou responsable comprometéndose a renunciar, se fose seleccionado, ó exercicio doutra actividade remunerada ou bolsa.

Sexta.-Tribunal de selección.

Presidente: o inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia.

Vocais: o secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública. Un profesor dos cursos para a obtención do diploma da Inspección Xeral de Servicios da Xunta de Galicia.

Secretario: un inspector ou subinspector de Servicios.

Sétima.-Criterios para a selección dos bolseiros.

A selección levarase a cabo mediante a valoración dos méritos acreditados conforme o seguinte baremo:

a) Expediente académico: ata catro puntos.

Para os efectos da selección, a valoración da nota media do expediente académico calcularase de acordo co seguinte baremo:

Matrícula de honra: 4 puntos.

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable: 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

Segundo o plan de estudios que se cursase, esta nota media calcularase do modo que segue:

a) Estudios organizados por materias:

suma de notas de cada materia

Media =

nº total de convocatorias empregadas

b) Plans de estudios estructurados por créditos:

(NI.PI+N2.P2+ ...)

Media =

(CI.NI+C2.N2+ ...)

Onde:

N1 = número de créditos de cada materia.

P1 = puntuación de cada materia.

C1 = número de convocatorias empregadas en cada materia.

b) Currículum vitae, ata dous puntos.

c) Memoria descritiva: ata cinco puntos.

d) Coñecementos de informática: ata dous puntos.

e) Coñecementos de lingua galega: ata dous puntos.

O tribunal poderá levar a cabo unha entrevista cos aspirantes preseleccionados que teñan acreditados máis de oito puntos no anterior baremo. A entrevista, que versará sobre os seus méritos curriculares e a memoria, non poderá exceder dunha duración máxima de quince minutos. En función do contido da entrevista, o tribunal poderá aumenta-la puntuación inicialmente asignada ata un máximo do 25% da que lle correspondese por aplicación do baremo.

O tribunal non valorará aqueles méritos alegados polos interesados que non estean acreditados documentalmente.

Finalmente, o tribunal fará pública a relación de candidatos por orde de puntuación, que será publicada no taboleiro de anuncios da EGAP.

Oitava.-Réxime de colaboración.

Os aspirantes seleccionados incorporaranse, logo da aceptación da bolsa, no prazo de tres días naturais seguintes ó da notificación do outorgamento.

No caso de que un adxudicatario por calquera motivo non poida presta-la súa colaboración, será subs-

tituído polo candidato seguinte por orde de puntuación.

Os bolseiros prestarán a súa colaboración baixo as indicacións do inspector ou subinspector de Servicios do equipo no que se integren, co mesmo horario de traballo que o equipo de inspección correspondente e cos desprazamentos ás unidades administrativas e centros asignados a el.

Os bolseiros presentarán, á finalización das bolsas, un traballo sobre as técnicas de reforma administrativa, que quedarán en propiedade da Xunta de Galicia.

En caso de renuncia á bolsa, non se entenderá que existe incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, sempre e cando certifique o órgano xestor o correcto desempeño por parte do bolseiro das tarefas inherentes á bolsa, garantindo a continuidade destas coa substitución por outro bolseiro. Cando a data da renuncia non coincida co derradeiro día de cada mes, aboarase a parte proporcional correspondente ó desfrute da bolsa.

Novena.-Anulación da bolsa.

No caso de incumprimento das tarefas de colaboración, a escola poderá, por proposta do director xeral da Inspección Xeral de Servicios e logo de escoita-la persoa afectada, anula-la bolsa.

A solicitude das bolsas implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.

Décima.-Resolución e recursos.

A resolución administrativa relativa á concesión ou denegación da bolsa seralles notificada ós interesados no prazo de tres meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Esgotado o dito prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición por silencio administrativo.

As resolucións expresas ou presuntas que se dicten esgotarán a vía administrativa e poderá intepoñerse, chegado o caso, recurso potestativo de reposición perante o director da Escola Galega de Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Décimo primeira.-Tramitación anticipada.

Ó abeiro do disposto na Orde do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes, as obrigas derivadas desta convocatoria estarán condicionadas á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública