Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle dá publicidade á suspensión do acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do servicio público da xustiza.

Con data do 16 de xuño de 2000 foi asinado un acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do servicio público da xustiza no marco da disposición adicional novena do Real decreto 1616/1989, do 29 de decembro, que tivo publicidade no Diario Oficial de Galicia nº 200, do 16 de outubro de 2000. No punto sexto do acordo prevíase que «... Por variación da regulamentación de calquera orde no réxime xurídico ou sistema retributivo do persoal ó servicio da Administración de xustiza afectado polo presente acordo, quedará este en suspenso con efectividade do mes seguinte á vixencia da nova norma retributiva... ».

Publicado o Real decreto 1909/2000, do 24 de novembro (BOE do 30 de novembro), polo que se fixa o complemento económico dos funcionarios ó servicio da Administración de xustiza, e que derroga o Real decreto 668/1999, con vixencia a partir do 1 de decembro de 2000, producirase a suspensión do acordo asinado a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local