Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, complementaria da do 9 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2001, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polos concellos de Bande, O Carballiño e Vilamartín de Valdeorras, da provincia de Ourense e realizadas, por petición dos concellos, as oportunas rectificacións pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Ourense, cómpre face-las correspondentes rectificacións no anexo III Calendario laboral provincia de Ourense,

da antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 23 de novembro de 2000, así:

-Na páxina 15.629, onde di: «6. Bande: 27 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de agosto, San Roque», debe dicir: «6. Bande: 27 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de agosto San Roque».

-Na páxina 15.630, onde di: «19. Carballiño, O: 28 de febreiro; 17 de setembro», debe dicir: «19. Carballiño, O: 27 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de setembro».

-Na páxina 15.631, onde di: «85. Vilamartín de Valdeorras: 23 de abril; 22 de xullo», debe dicir: «85. Vilamartín de Valdeorras: 23 de abril; 23 de xullo».

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais