Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo do 28 de novembro de 2000 polo que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación, mediante concesión, da xestión indirecta do servicio público de recollida de residuos sólidos urbanos en todo o municipio e o seu transporte a un centro de tratamento, limpeza viaria e desratización.

Tipo de licitación: 55.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Fianzas: provisional por importe de 1.000.000 pesetas e definitiva por importe do 4% da adxudicación.

Duración do contrato: 10 anos prorrogables anualmene ata un máximo de 15 anos.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Poio, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios oficiais (BOP ou DOG).

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 13 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na Secretaría do Concello de Poio, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula XIX do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula XXIII.

Poio, 1 de decembro de 2000.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde