A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 11 de otubro de 2000, adoptou o acordo de aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E. número 2 Alameda Talorío, presentado pola Xunta de Compensación da devandita unidade de execución e redactado polo arquitecto Manuel Díaz Rial.
Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:
a) Potestativo de reposición ante a Comisión de Gobierno do Concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.
b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Soutomaior, 29 de novembro de 2000.
Agustín Reguera Ocampo
Alcalde