Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

No BOP número 270, con data do 24 de novembro de 2000, aparecen publicadas as bases específicas

reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de catorce prazas de administrativo/a de Administración xeral (quenda de promoción interna).

Presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria do Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 22 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado