Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO do 19 de decembro de 2000 das listas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 4 de setembro de 2000, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 1 de decembro de 2000, pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos de operadores de ordenador.

Estas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, e poden ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http//www.cixtec.es.

Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio para poder corrixi-los defectos que estimen oportunos.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable