Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 23 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da incoación do expediente de restitución e reposición da legalidade 71.14/2000, por presunta infracción da lexislación de costas, e de nomeamento de instructor e secretario.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo do delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente de restitución e reposición da legalidade polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en diante R.C.); noméase instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo, ámbolos dous funcionarios do Servicio de Conservación do Litoral desta delegación provincial (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto 122/1999, do 23 de

abril).

Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

De conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, cómpre informarlle de que o prazo máximo establecido para a tramitación e resolución deste expediente é de 3 meses. Transcorrido o referido prazo sen recaer resolución no expediente, producirase a caducidade sen que esta implique por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigos 44.2º e 92.3º da lei citada anteriormente), sen que se poida dar, neste caso, por disposición do establecido nos artigos 92 da L.C. e 176.1º do R.C.

Así mesmo, cómpre indicarlle que este prazo de tres meses quedará suspendido:

-Cando se lle deba requirir ó interesado emenda de deficiencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

-Cando deban solicitarse informes, desde a súa petición, que deberá notificarse ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.

-Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.

En virtude do anterior acordo, os interesados disporán dun prazo de vinte (20) días, contados a partir

da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formularen alegacións e propoñeren, se é o caso, a práctica daquelas probas que consideren pertinentes para a determinación dos feitos. Será de aplicación en materia de proba o disposto polos artigos 80 e 81 da LRXAPAC.

Pontevedra, 23 de novembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 71.14/2000.

Denunciado/a: Promiasa, S.A.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Michelena, nº 1-6º, Pontevedra.

Interesado/a: Coporteliña, S.L.

Condición: favorecida por anotación preventiva de embargo.

Último enderezo coñecido: r/ San Guillermo, nº 23, baixo, Pontevedra.

Data do acordo: 3-11-2000.

Feitos: construcción de vivendas en liña.

Lugar: Chancelas.

Concello: Poio.