Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión derivada do permiso de investigación Puente 2603.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria, con data do 4-10-2000, se lle outorgou a Marcelino Cordero Ojea a concesión derivada do permiso de investigación denominada Puente 2603, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Rodeiro,

da provincia de Pontevedra; as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticeLonxitudeLatitude

18º00'20''42º42'00''

28º00'20''42º41'20''

38º00'40''42º41'20''

48º00'40''42º42'00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 28 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra