Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Castro II, no Concello de Campo Lameiro, da provincia de Pontevedra, por parte de Maceiras Filloy, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que Maceiras Filloy, S.L., con domicilio en Penarada, Ouzande, A Estrada, presentou nesta delegación provincial, o día 17-7-2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Castro II de 27 cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Campo Lameiro, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2893, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

18º29'40''42º35'40''

28º31'20''42º35'40''

38º31'20''42º36'40''

48º29'00''42º36'40''

58º29'00''42º34'40''

68º29'40''42º34'40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 27 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra