Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 231/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo,

171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Modificado 1 á liña eléctrica subterránea de alta tensión a 66 kV, que se instalará entre os apoios nº 14, existente, e nº 11-bis, que se instalará na L.A.T. 66 kV. Padrón-Finsa, constituída por un apoio metálico para paso aéreo-subterráneo nº 11-bis e conductor subterráneo R.H.E. 33/66 kV de 3(1x630) mm Al, de 421,3 m de lonxitude, que discorre por predios nº 2 e 7 que se expropiarán, cruzamento da estrada Padrón-Pontecesures, pista asfaltada, travesía de Feira, rúa Mollet do Vallés e pista asfaltada contigua ó matadoiro municipal e

final no actual apoio nº 14. No termo municipal de Padrón (expte. 231/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como ás persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 22 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de bens e dereitos afectados

Tramo subterráneo entre os apoios nº 11 e nº 14 da L.A.T. 66 kV Padrón-Finsa (modificado I).

Provincia: A CoruñaTermo municipal: Padrón

Nº deLugarTitular/esAfecciónNatureza

do terreo

predioApoio nº 11 bis

SUP (m)

Gabia

SUP (m)

2O CastiñeiroAndrés Quinta Cortiñas

Avda. Vilagarcía

CP 36640-Pontecesures (Pontevedra).

Francisco Quinta Cortiñas

Rúa do Hórreo 106, 7º C

CP 15702-Santiago de Compostela.

2527,58Prado

7O CastiñeiroDorinda Romay Delgado

Paraíso, s/n

CP 15900-Padrón (A Coruña).

52,20Labor