Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 13 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de procedencia do reintegro do expediente administrativo 99/26-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro de subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de xullo de 1998 (DOG nº 152, do 7 de agosto), publícase:

1. Expediente de reintegro: FM Reint. 99/26-5.

Expedientes de procedemento: FM 341D 98/871-5 e FM341D 98/872-5.

Orde de convocatoria: 21 de xullo de 1998 (DOG nº 82, do 30 de abril).

Interesado: Guillermo Álvarez García.

Enderezo: avda. José Solla, 70-1º Arcade, 36690 Soutomaior (Pontevedra).

Asunto: resolución do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Declara-la procedencia do reintegro por parte de Guillermo Álvarez García da cantidade de 850.000 pesetas concedida por esta delegación o 12-1-1999, en concepto de renda de subsistencia (500.000 pesetas) e de subvención financeira (350.000 pesetas).

Esta resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela cabe formular, ó abeiro do artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), recur

so potestativo de reposición ante esta delegación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta notificación, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da devandita notificación, de conformidade co artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14), reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 13 de novembro de 2000.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra