Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 183

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

A Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, asumiu os principios establecidos pola Unión Europea en política de residuos, consistente en abandona-la clasificación en dúas únicas modalidades (xeral e perigosos) e establecer unha norma común para todos eles, que poderá ser completada cunha regulación específica para determinadas categorías de residuos.

Desta forma, a lei aplícase a todo tipo de residuos e, no que á forma de intervención administrativa destas actividades se refire, somete a réxime de autorización polo órgano competente da Comunidade Autónoma, tódalas actividades de valorización e eliminación de todo tipo de residuos, e ademais para os residuos perigosos, as de recollida, almacenamento e transporte, cando se realice asumindo o transportista a titularidade do residuo. A realización do resto de actividades está sometida a réxime de notificación previa á Administración autonómica ambiental, que deberá rexistrar debidamente estas actividades, e iso sen prexuízo de que as comunidades autónomas sometan estas actividades a réxime de autorización.

En Galicia, o Decreto 260/1998, do 10 de setembro, regula a autorización de xestor de residuos sólidos urbanos e a inscrición no Rexistro Xeral de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, e o Decreto 263/1998, do 10 de setembro, regula a autorización e crea o Rexistro de Productores e Xestores de Residuos Perigosos; sen embargo, non existe unha norma que regule a autorización e rexistro de residuos distintos ós perigosos e ós urbanos ou municipais.

Non son obxecto deste decreto os residuos sanitarios regulados polo Decreto 460/1997, do 21 de novembro, polo que se establece a normativa para a xestión dos residuos dos establecementos sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia

Sendo evidente a necesidade de regula-lo réxime de autorizacións para todo tipo de residuos, optouse pola regulación de forma xenérica para as actividades de producción e xestión de residuos, aínda que considerando as posibles especificidades duns e outros. Os argumentos a favor desta opción pódense resumir en:

a) Razóns de acomodación á tendencia normativa da UE, que recolle as regulacións dos residuos en normas xerais comúns a todo tipo de residuos, completada coas regulacións específicas para determinados tipos de residuos. Xa vimos como a Lei básica de residuos asume esta tendencia aplicándose a todo tipo de residuos, coas excepcións recollidas nela.

b) Motivos de simplificación normativa. Posibilita a existencia dun instrumento xurídico único que evi

te a ineludible peregrinación por distintas normas, tanto ó cidadán, que ten que acudir a varios instrumentos xurídicos se quere coñecer cáles son os requisitos normativos de aplicación á súa situación, cando ademais en ocasións xestiona residuos de variada tipoloxía, como ós responsables de tramita-los expedientes, que se encontran coa mesma dificultade.

c) Razóns orientadas a homoxeneizar e simplifica-lo réxime administrativo existente.

d) A precisión dalgúns aspectos da normativa actual, réxime de inscrición das actividades, se son de oficio ou por instancia de parte, declaración de orixe e destino ós xestores intermedios.

e) Motivos para crear un rexistro único de actividades de residuos que facilite adecuadamente a súa xestión e permita extraer de forma eficaz e áxil datos conxuntos válidos para todo tipo de residuos.

As principais modificacións introducidas no decreto son:

-Regúlanse os requisitos necesarios para outorga-las autorizacións de construcción de instalacións de xestión de residuos urbanos, previstas na Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

-Ós requisitos actuais para seren autorizados a realiza-las actividades sometidas a este réxime engádense:

a) A declaración de destino de residuos, que deberá estar acreditada debidamente.

b) A esixencia dun estudio ambiental quedando sometido o proxecto á declaración de efectos ambientais para tódolos proxectos de eliminación e algúns de valorización, e para as autorizacións de construcción de instalacións sometidas a autorización. Isto sen prexuízo, como xa se indicou, de seguir coa mesma figura de protección ambiental para as actividades de eliminación de residuos perigosos prevista no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental.

-Establécense os criterios de fixación da contía do seguro: cantidade e tipo de residuo, actividade de xestión e ámbito territorial.

-Regúlase o contido mínimo das autorizacións e das notificacións de inscrición.

-Créase o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia no que serán inscritos de oficio pola Administración as persoas físicas ou xurídicas que realicen calquera das operacións de producción ou de xestión de residuos reguladas neste decreto.

-Por último, ós datos que actualmente deben constar coa preceptiva notificación de actividade engádense:

a) A declaración de destino de residuos, xunto con xustificante suficiente.

b) A esixencia da presentación dunha póliza de seguro da empresa transportista suficiente para cubri-los riscos da actividade.

Este decreto estructúrase en sete capítulos.

No capítulo I establécense as normas xerais en materia de producción e xestión de residuos.

O capítulo II regula o réxime xurídico das actividades de producción e xestión de residuos sometidas a autorización administrativa e regula igualmente as autorizacións para a construcción de instalacións de residuos sólidos urbanos, en cumprimento do establecido no artigo 15 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

A regulación do réxime de notificacións para aquelas actividades de xestión que non estean sometidas a réxime de autorización administrativa regúlase no capítulo III, sometendo estas actividades a unha intervención administrativa máis lixeira.

O capítulo IV refírese á interposición do recurso de alzada.

As obrigas establécense no capítulo V, distinguindo entre as obrigas daqueles productores e xestores que realizan actividades de xestión sometidas a autorización administrativa e as daqueles que só están obrigados a notifica-la realización da actividade de xestión.

No capítulo VI créase o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia, no que serán inscritos de oficio pola Administración as persoas físicas ou xurídicas que realicen calquera das operacións de producción ou de xestión de residuos reguladas neste decreto. O rexistro estructúrase en duas seccións denominadas «Dos residuos perigosos» e «Dos residuos non perigosos». Na sección referente ós residuos perigosos inscribiranse as persoas físicas ou xurídicas titulares de instalacións de producción e xestores de residuos que se consideren perigosos de acordo coa definición do artigo 2º deste decreto, e na referente ós no perigosos inscribiranse separadamente as actividades de xestión correspondentes ós residuos urbanos e municipais, ós sanitarios, ós industriais e ós agrarios.

Por último, o capítulo VII está dedicado á potestade sancionadora da Administración. A potestade para a incoación e instrucción dos procedementos sancionadores corresponderalle ó director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e a resolución dos expedientes será competencia deste no tocante ás infraccións leves, do conselleiro de Medio Ambiente no caso de infraccións graves e, finalmente, do Consello da Xunta de Galicia no suposto de infraccións moi graves.

O Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, atribúelle a esta consellería a competencia e funcións en materia de residuos.

Este decreto, respectando a regulación establecida na normativa básica estatal e de acordo coa posibilidade de establecer normas adicionais de protección que lle atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia a Constitución e mailo seu Estatuto de autonomía, así como o artigo 21.2º e 3º da Lei básica do 21 de abril, de residuos, completa certos aspectos do procedemento e autorizacións de productores e xestores de residuos e crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na sua reunión do día sete de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto do decreto.

Este decreto ten por obxecto regula-las autorizacións e notificacións de productores e xestores de residuos de Galicia e crea-lo Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Deberán solicita-la autorización como productores ou xestores de residuos as persoas físicas ou xurídicas que realicen as actividades relacionadas no artigo 4º, e estarán suxeitas ó réxime de notificación as persoas físicas ou xurídicas que realicen as actividades de producción ou xestión relacionadas no artigo 14º deste decreto.

Artigo 2º.-Definicións.

Para os efectos deste decreto entenderase por:

A) Residuo: calquera substancia ou obxecto pertencente a algunha das categorías que figuran no anexo da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, do cal o seu posuidor se desprenda ou do que teña a intención ou a obriga de desprenderse. En todo caso, terán esta consideración os que figuren no Catálogo Europeo de Residuos (CER), aprobado polas institucións comunitarias.

B) Residuos urbanos ou municipais: os xerados nos domicilios particulares, comercios, oficinas e servicios, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que pola súa natureza ou composición poidan asimilarse ós producidos nos anteriores lugares ou actividades.

Terán tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes:

Residuos procedentes da limpeza de vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias.

Animais domésticos mortos, así como os mobles, obxectos e vehículos abandonados.

Residuos e entullos procedentes de obras menores de construcción e reparación domiciliaria.

C) Residuos perigosos: aqueles que figuren na lista de residuos perigosos, aprobada no Real decreto 952/1997, así como os recipientes ou envases que os contiveron. Os que estean cualificados como perigosos no Catálogo de Residuos de Galicia, pola normativa comunitaria e os que poida aproba-lo Goberno de conformidade co establecido na normativa europea ou en convenios internacionais dos que España sexa parte.

D) Productor: calquera persoa física ou xurídica que pola súa actividade, excluída a do consumo doméstico, produza residuos ou efectúe operacións de tratamento previo, de mestura ou doutro tipo que ocasionen un cambio de natureza ou de composición deses residuos. Terá tamén carácter de productor o importador de residuos ou adquirente en calquera Estado membro da Unión Europea.

E) Posuídor: o productor dos residuos ou a persoa física ou xurídica que os teña no seu poder e que non teña a condición de xestor de residuos.

F) Xestor: a persoa ou entidade, pública ou privada, que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o productor deles.

G) Xestión: a recolla, o almacenamento, o transporte, a valorización e a eliminación dos residuos, incluída a vixilancia destas actividades, así como a vixilancia dos lugares de depósito ou vertedura despois do seu peche.

H) Valorización: todo procedemento que permita o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen pór en perigo a saúde humana e sen utilizar métodos que poidan causar prexuízos ó ambiente. En todo caso, estarán incluídos neste concepto os procedementos enumerados no anexo II.B da Decisión da Comisión (96/350/CE) do 24 de maio de 1996, así como os que figuren nunha lista que, se é o caso, aprobe o Goberno ou a Comunidade Autónoma de Galicia.

I) Eliminación: todo procedemento dirixido, ben á vertedura dos residuos ou ben á súa destrucción, total ou parcial, realizado sen pór en perigo a saúde humana e sen utilizar métodos que poidan causar prexuízos ó ambiente. En todo caso, estarán incluídos neste concepto os procedementos enumerados no anexo II.A da Decisión da Comisión (96/350/CE) do 24 de maio de 1996, así como os que figuren nunha lista que, se é o caso, aprobe o Goberno ou a Comunidade Autónoma de Galicia.

J) Recolla: toda operación consistente en recoller, clasificar, agrupar ou preparar residuos para o seu transporte.

K) Almacenamento: o depósito temporal de residuos, con carácter previo á súa valorización ou eliminación, por tempo inferior a dous anos ou a seis meses se se trata de residuos perigosos, a menos que regulamentariamente se establezan prazos inferiores.

Non se inclúe neste concepto o depósito temporal de residuos nas instalacións de producción cos mesmos fins e por períodos de tempo inferiores ós sinalados no parágrafo anterior.

L) Vertedoiro: instalación de eliminación que se destine ó depósito de residuos na superficie ou baixo terra.

Artigo 3º.-Dos residuos sanitarios.

Quedan excluídos deste decreto, os residuos sanitarios regulados polo Decreto 460/1997, do 21 de novembro, polo que se establece a normativa para a xestión dos residuos dos establecementos sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo II

Das autorizacións de actividades de producción e xestión de residuos

Artigo 4º.-Da autorización administrativa de productor e xestor de residuos.

Someteranse ó réxime de autorización como productores ou xestores, pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, as persoas físicas ou xurídicas que realicen as actividades seguintes:

1. Actividades de producción:

a) A construcción de instalacións de xestión de residuos urbanos ou municipais que estará supeditada ó previsto no Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

b) A instalación, ampliación, modificación substancial ou traslado de industrias ou actividades productoras de residuos perigosos.

c) A instalación de industrias ou actividades xeradoras ou importadoras de productos que polo seu uso poderán dar lugar a residuos perigosos.

2. Actividades de xestión:

a) Recolla e almacenamento de residuos perigosos, así como o seu transporte cando se realice asumindo o transportista a titularidade do residuo.

b) Recolla, almacenamento e transporte de residuos urbanos ou municipais.

c) Valorización e eliminación de residuos.

d) Considerará actividades de xestión de residuos, as realizadas:

1) Polos productores respecto dos seus propios residuos perigosos, cando realicen actividades de xestión destes residuos.

2) Polos productores cando realicen operacións de xestión con residuos perigosos procedentes doutros productores ou xestores.

Artigo 5º.-Actividades realizadas por entidades societarias.

As actividades realizadas por entidades societarias requirirán autorización administrativa ou, de se-lo caso, rexistro administrativo, independentes dos que puidesen te-los socios que a forman.

Artigo 6º.-Dos xestores por imperativo legal de residuos urbanos ou municipais.

1. As entidades locais que realicen a xestión dos residuos urbanos directamente non estarán obrigadas a solicita-la autorización administrativa para a realización das actividades de xestión de residuos urbanos ou municipais.

2. En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), cando realice a xestión de residuos encomendada no dito artigo directamente, non estará obrigada a solicita-la autorización administrativa.

Artigo 7º.-Figuras de protección ambiental.

1. Avaliación do impacto ambiental. O proxecto para a realización das actividades de eliminación de residuos perigosos indicadas no anexo XII deste decreto, estará sometido a declaración do impacto ambiental.

2. Avaliación de efectos ambientais. O proxecto para a realización de actividades de valorización de todo tipo de residuos e de eliminacion de residuos non perigosos indicadas no anexo XII, así coma para a construcción de instalacións de residuos urbanos ou municipais, estará sometido á declaración de efectos ambientais.

Artigo 8º.-Solicitude das autorizacións.

1. Deberán solicita-la autorización administrativa previa as persoas físicas ou xurídicas que realicen as actividades sinaladas no artigo 4º, quedando, unha vez autorizadas, debidamente inscritas no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

2. A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo o modelo que se establece nos anexos I, II, III, IV,V,VI,VIII e IX deste decreto.

3. A solicitude presentarase nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ou en calquera das delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente, sen prexuízo da facultade que lles outorga ós particulares o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 9º.-Documentación.

A solicitude presentarase xunto coa seguinte documentación acreditativa:

1. Para actividades de producción.

-De residuos urbanos ou municipais: (anexos I e II).

A. Cando se trate dun xestor institucional:

a) Solicitude das entidades locais xunto coa documentación sinalada na letra f) do parágrafo 2 deste artigo.

b) Proxecto técnico da instalación, visado polo colexio oficial competente, que se axuste ás prescricións do anexo X, parágrafo A. 1, deste decreto, ou certificado de idoneidade expedido polo técnico municipal competente, no soposto dos entes locais.

c) Estudio ambiental, quedando sometido o proxecto á declaración de efectos ambientais.

B. Cando se trate dun xestor non institucional:

a) A documentación sinalada as letras a), c) e f) do parágrafo 2 deste artigo.

b) Proxecto técnico da instalación, visado polo colexio oficial competente, que se axuste ás prescricións do anexo X , parágrafo A.1, deste decreto.

c) Estudio ambiental, quedando sometido o proxecto á declaración de efectos ambientais.

-De residuos perigosos: (anexos III, IV, V, VI, VII).

Deberán presentar, ademais da documentación que se esixe para tódalas actividades de xestión sinaladas no parágrafo 2 deste artigo:

Un estudio co contido do anexo VII deste decreto.

2. Para actividades de xestión.

-Documentación xeral para tódalas actividades:

a) Copia compulsada do código de identificación fiscal (CIF) da empresa ou, se é o caso, documento nacional de identidade (DNI) e número de identificación fiscal (NIF) do empresario individual.

b) En caso de persoa xurídica deberase presentar copia da escritura de constitución ou modificación da sociedade, acreditada por calquera dos medios esixidos en dereito.

c) Poder notarial do representante legal da empresa.

d) Declaración das actividades de xestión ou producción que se van realizar.

e) Datos relativos ó centro ou centros de traballo nos que se vaia realiza-la actividade: denominación, domicilio, municipio, provincia, teléfono e fax.

f) Declaración do tipo de residuo e cantidade anual que vai producir ou xestionar segundo o Catálogo Europeo de Residuos (CER) e o Real decreto 952/1997, do 20 de xullo, para o caso de residuos perigosos.

g) Declaración da zona de cobertura ou área territorial á que se circunscribe a actividade.

h) Destino dos residuos, constatado a través do certificado correspondente do xestor receptor.

-Para as actividades de recolla e almacenamento de residuos perigosos, así como o seu transporte, cando se realice asumindo o transportista a titularidade do residuo: (anexos VIII e IX).

Deberán presentar, ademais da documentación xeral para tódalas actividades de xestión:

a) Unha memoria descritiva da actividade.

b) Para o caso de transporte:

1) Certificado de formación profesional segundo o modelo oficial (ADR) para cada conductor.

2) ADR do vehículo ou certificado de adecuación deste.

3) Tarxeta de transporte.

4) Póliza de seguro en vigor para cada vehículo.

-Para as actividades de recolla, transporte e almacenamento de residuos urbanos ou municipais.

Deberán presentar, ademais da documentación xeral para tódalas actividades:

a) Memoria descritiva da actividade.

b) Póliza de seguro da empresa transportista suficiente para cubri-los riscos da actividade. A póliza do seguro deberá cubri-los riscos de indemnización polos posibles danos causados a terceiras persoas ou ás súas cousas derivadas do exercicio da actividade, así como os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado.

c) Tarxeta de transporte.

-Para as actividades de valorización e eliminación de residuos:

Deberán presentar, ademais da documentación xeral para tódalas actividades de xestión:

A. Cando se trate de residuos non perigosos: (anexos VIII, IX, X, XI, XII e XIII).

a) Un proxecto visado polo colexio oficial competente que se axuste ó contido do anexo X A e que conteña as especificacións do anexo XI para as actividades de xestión de vertedoiro.

b) Un estudio ambiental, quedando sometido o proxecto á declaración de efectos ambientais para as actividades de eliminación e para as de valorización relacionadas no anexo XII.

c) Documento de síntese, para o caso de actividades de eliminación en vertedoiro, que se axuste ó contido do anexo XIII.

B. Cando se trate de residuos perigosos: (anexos VIII, IX, X, XI, XII e XIII).

Un estudio nos termos que se establecen no anexo X B.

Artigo 10º.-Outorgamento da autorización.

1. As autorizacións, que se poderán outorgar para unha ou varias das operacións que se van realizar, se concederán:

a) Logo de comproba-las instalacións nas que se vaia desenvolve-la actividade obxecto de autorización. Poderase prescindir desta comprobación cando se trate de autoriza-la realización de actividades de xestión de residuos urbanos ou municipais consistentes na recolla, transporte e almacenamento.

b) Unha vez presentada a fianza, excepto para a construcción de instalación de residuos urbanos ou municipais, e para os productores de residuos peri

gosos na forma establecida no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, en contía suficiente para responder dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do seu custo de restauración; así mesmo, a fianza debe garanti-lo cumprimento de tódalas obrigas que fronte á Administración se deriven do exercicio da actividade obxecto de autorización.

No suposto de non existiren factores que permitan determina-la contía da fianza, para os efectos indicados, o importe será o 10 por 100 do orzamento das obras proxectadas para a instalación de depósitos de seguridade, o 5 por 100 do orzamento das obras proxectadas para o resto das instalacións de xestión de residuos e o 5 por 100 do investimento orzado ou do investimento destinado a material para a realización da actividade, cando non exista obra civil.

c) Logo da constitución polo solicitante, excepto para a construcción de instalacións de residuos urbanos ou municipais, dun seguro de responsabilidade civil que cubra o risco de indemnización polos posibles danos causados a terceiras persoas ou ás súas cousas, derivado do exercicio das actividades obxecto da citada autorización administrativa. En todo caso, o seguro deberá cubrir:

a) As indemnizacións debidas por morte, lesións ou enfermidades das persoas.

b) As indemnizacións debidas por danos ás cousas.

c) Os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado.

A contía da suma asegurada da póliza do seguro de responsabilidade civil fixarase tendo en conta a cantidade e o tipo de residuo que se vaia xestionar ou producir, a actividade de xestión que se vaia realizar, o ámbito territorial no que se vaia desenvolve-la actividade de xestión, a localización das instalacións de producción e as súas características técnicas ou outras circunstancias similares.

2. Revisada a documentación achegada, o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental outorgará a autorización ou, se é o caso, procederá á súa denegación mediante resolución motivada.

Artigo 11º.-Contido da autorización.

A autorización conterá, como mínimo, as seguintes especificacións:

a) O lugar da instalación, cando se trate de residuos sólidos urbanos.

b) Que a autorización se outorgará sen prexuízo das demais autorizacións ou licencias esixidas por esta ou outras disposicións, para o caso de instalacións de xestión de residuos urbanos ou municipais.

c) O número de productor ou xestor de residuos autorizado.

d) O prazo polo que se outorga a autorización, cando se trate de xestores de residuos e productores de residuos perigosos.

e) A especificación de que a autorización se condicionará ó cumprimento das esixencias establecidas na lexislación de protección civil, cando se trate de producción ou xestión de residuos perigosos.

f) A obriga de cumpri-las prescricións técnicas establecidas no proxecto ou na memoria descritiva da actividade que se presentasen.

g) A necesidade de cumpri-las obrigas que se establecen na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, así como de cumprir igualmente, cando se trate de residuos perigosos, as obrigas establecidas no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos, no Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, e demais lexislación que en cada momento lle sexa de aplicación.

h) A contía da fianza cando se trate de xestores de residuos.

i) A contía da póliza de seguro de responsabilidade civil fixada. Para o caso de residuos perigosos especificarase o deber de actualiza-la póliza conforme o artigo 6 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.

j) A cantidade máxima por unidade de producción de residuos que se poden xerar, cando se trate de productores de residuos perigosos.

k) As características dos residuos que se poden xerar, cando se trate de productores de residuos perigosos.

l) Os tipos e cantidades de residuos, cando se trate de xestores que realicen actividades de eliminación de residuos.

m) Lugar onde se vaian realiza-las actividades de eliminación.

n) Método de eliminación que se vai empregar.

o) A obriga de adopta-las precaucións en materia de seguridade esixidas pola lexislación aplicable vixente cando se trate de xestores que realicen actividades de recolla, almacenamento, valorización ou eliminación de residuos perigosos.

p) Consecuencias do incumprimento da autorización.

Artigo 12º.-Vixencia e caducidade das autorizacións.

1. As autorizacións de xestores de residuos outorgaranse por un período de cinco anos, susceptibles de dúas prórrogas sucesivas doutros cinco anos cada unha, despois de informe favorable da Subdirección Xeral de Calidade Ambiental, sempre que non se modifiquen as condicións que motivaron a autorización. As devantidas prórrogas deberán ser solicitadas polo titular da autorización con, alomenos, tres meses de antelación á data en que expire a autorización vixente.

2. Transcorridos quince anos desde a autorización inicial, a autorización caducará, e o titular poderá solicitar, con anticipación suficiente, unha nova

autorización, de acordo co procedemento regulado neste decreto.

Artigo 13º.-Da transmisión das autorizacións.

A transmisión das autorizacións reguladas neste capítulo estará suxeita á comprobación previa de que as actividades e as instalacións en que aquelas se realizan cumpren co regulado neste decreto.

Capítulo III

Das notificacións de actividades de producción e xestión de residuos

Artigo 14º.-Actividades suxeitas a réxime de notificación.

Estarán suxeitas ó réxime de notificación á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quedando debidamente rexistradas, as persoas físicas ou xurídicas que realicen as seguintes actividades:

a) Pequena producción de residuos perigosos (anexos IX e XIV).

b) Aquelas nas que se desenvolvan operacións de xestión de residuos non perigosos distintas da valorización ou eliminación e que non teñen a consideración de residuos urbanos ou municipais (anexos IX e XIV).

c) Transporte de residuos perigosos actuando como simples intermediarios por conta de terceiros (anexos IX e XIV).

d) Actuacións en relación cos aceites usados que se leven a cabo nos talleres, estacións de engraxamento e garaxes (anexos IX e XIV).

Os titulares dos talleres, estacións de engraxamento ou garaxes deberán cumpri-las obrigas establecidas no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, artigo 13, parágrafos a) e b) e artigo 14, parágrafos 1, 2, 3, e 6, as do Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, que modifica aquel, e as da Orde do 13 de xuño de 1990, sobre xestión de aceites usados, no se que refire ó réxime de control e seguimento previsto para os productores e xestores.

e) Sen prexuízo do establecido no Regulamento CEE 259/1993, e das autorización que, se é o caso, sexan esixibles. os importadores e adquirentes intracomunitarios, así coma os axentes comerciais ou intermediarios que, en nome propio ou alleo, poñan residuos no mercado ou realicen con eles operacións xurídicas, que impliquen cambio de titularidade posesoria, aínda sen contido transaccional comercial (anexos XV e XVI).

Artigo 15º.-Contido da notificación.

1. A notificación, que se dirixirá ó director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, irá xunto coa seguinte documentación:

A. Para tódalas actividades:

a) Copia compulsada do código de identificación fiscal (CIF) da empresa ou, se é o caso, documento nacional de identidade (DNI) e número de identificación fiscal (NIF) do empresario individual.

b) En caso de persoa xurídica, deberase presentar copia da escritura de constitución ou modificación da sociedade, acreditada por calquera dos medios esixidos en dereito.

c) Poder notarial do representante legal da empresa.

d) Declaración das actividades de xestión ou producción que se van realizar.

e) Datos relativos ó centro ou centros de traballo onde se vaia realiza-la actividade: denominación, domicilio, municipio, provincia, teléfono e fax.

f) Declaración do tipo de residuo e cantidade anual que vai producir ou xestionar segundo o Catálogo Europeo de Residuos (CER) e o Real decreto 952/1997, do 20 de xullo, para o caso de residuos perigosos.

g) Declaración da zona de cobertura ou área territorial á que se circunscribe a actividade.

h) Destino dos residuos, constatado a través do certificado correspondente do xestor receptor.

B. Para a actividade de transporte:

Ademais da documentación requirida no punto 1.A deste mesmo artigo, presentarase a seguinte documentación:

1) Póliza de seguro da empresa transportista suficiente para cubri-los riscos da actividade. A póliza de seguro deberá cubri-lo risco de indemnización polos posibles danos causados a terceiras personas ou ás súas cousas derivado do exercicio da actividade, así como os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado.

2) Tarxeta de transporte.

Cando se trate de transporte de residuos perigosos incluirase:

a) Certificado de formación profesional segundo o modelo oficial (ADR) para cada conductor.

b) ADR do vehículo ou certificado de adecuación deste.

c) Seguro do vehículo que cubra os riscos de transporte de mercadorías perigosas.

2. A notificación presentarase nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ou nas delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente, sen prexuízo da facultade que lles outorga ós particulares o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 16º.-Da modificación da actividade.

Calquera modificación ou ampliación da actividade suxeita a réxime de notificación deberá ser comunicada previamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que acordará a modificación ou ampliación de acordo coa documentación achegada conforme ó artigo anterior.

Capítulo IV

Das obrigas dos productores e xestores

Artigo 17º.-Das obrigas dos productores e xestores autorizados.

1. Productores e xestores de residuos perigosos.

Deberán cumpri-las obrigas establecidas no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, no Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, que modifica aquel, e na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, sen prexuízo doutras obrigas establecidas na lexislación vixente.

2. Xestores de residuos non perigosos.

Deberán cumpri-las obrigas establecidas na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, sen prexuízo doutras obrigas establecidas na lexislación vixente.

Ademais, os xestores que realicen actividades de valorización e eliminación de residuos non perigosos deberán presentar unha declaración anual das súas actividades no modelo que para tal efecto lles facilite a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental antes do día un de marzo do ano seguinte. Poderá presentarse en papel ou en soporte informático.

Artigo 18º.-Das obrigas dos productores e xestores suxeitos a notificación.

A. Dos pequenos productores:

Deberán cumpri-las obrigas ás que se refire o artigo 22 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, e as establecidas na Lei 10/1998, sen prexuízo do cumprimento doutras obrigas establecidas na lexislación vixente.

B. Dos xestores:

Os titulares de actividades nas que se desenvolvan operacións de xestión de residuos non perigosos distintas da valorización ou eliminación, que non teñan a consideración de residuos urbanos ou municipais, e os transportistas de residuos perigosos que actúen como simples intermediarios por conta de terceiros, deberán cumpri-las obrigas impostas na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, sen prexuízo do cumprimento doutras obrigas establecidas na lexislación vixente.

Artigo 19º.-Incumprimento das obrigas dos productores e xestores.

O incumprimento das obrigas impostas ós xestores e productores poderá dar lugar á revogación da autorización ou á cancelación da inscrición no rexistro para as actividades suxeitas a notificación.

Capítulo V

Dos recursos

Artigo 20º.-Recursos.

Contra as resolucións do director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, de acordo co disposto na Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Capítulo VI

Do rexistro

Artigo 21º.-Da creación do Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Créase o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia, que ten como finalidade a inscrición das persoas físicas e xurídicas que realicen as actividades de producción de residuos perigosos ou de xestión de residuos.

Artigo 22º.-Natureza do rexistro.

1. As inscricións do rexistro incorporaranse a un ficheiro automatizado (anexo XVII), que se axustará ó disposto na Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal.

2. A responsabilidade do ficheiro recaerá na dirección xeral competente en materia de calidade e avaliación ambiental, ante a que o interesado exercerá os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación cando se revele que os datos son inexactos ou incompletos, inadecuados ou excesivos, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión dos datos lle corresponda ó empregado público que estea a cargo do ficheiro correspondente.

3. No suposto de cesión de datos ós servicios estatísticos das administracións públicas, terase en conta a normativa vixente da Comunidade Autónoma en materia estatística.

Artigo 23º.-Da inscrición no rexistro.

A Administración procederá a inscribir de oficio no rexistro ás persoas físicas ou xurídicas que realicen calquera das actividades de xestión de residuos ou producción de residuos perigosos.

Será preceptivo para proceder á inscrición obte-la autorización administrativa previa para as actividades que se relacionan no artigo 4 e ter realizado a notificación en forma respecto das actividades que se citan no artigo 14º.

Artigo 24º.-Estructura do rexistro.

O Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia estructúrase en dúas seccións, denominadas:

A. Sección I. Dos residuos perigosos.

B. Sección II. Dos residuos non perigosos.

Artigo 25º.-Sección I. Dos residuos perigosos.

Incribiranse nesta sección as persoas físicas ou xurídicas titulares de instalacións ou actividades de producción e xestores de residuos que se consideren perigosos de acordo coa definición do artigo 2.C deste decreto, con independencia da súa orixe.

Nesta sección inscribiranse separadamente:

a) Os titulares de industrias ou actividades productoras de residuos perigosos.

b) Os titulares de industrias ou actividades xeradoras ou importadoras de productos que polo seu uso poderán dar lugar a residuos perigosos.

c) Os pequenos productores de residuos perigosos.

d) Os transportistas de residuos perigosos, cando no asuman a titularidade do residuo.

e) Os xestores de residuos perigosos.

f) Os titulares de talleres, estacións de engraxamento ou garaxes nos que se leven a cabo actuacións en relación cos aceites usados.

Artigo 26º.-Sección II. Dos residuos non perigosos.

Nesta sección inscribiranse separadamente as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de xestión cos residuos seguintes:

1. Os residuos urbanos ou municipais, no Rexistro Xeral de Residuos Sólidos Urbanos creado pola Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

2. Os residuos sanitarios.

3. Os residuos industriais.

4. Os residuos agrarios.

Artigo 27º.-Do contido do rexistro.

As anotacións dos productores e xestores que se practiquen no rexistro deberán reflecti-lo seguinte contido:

1. Código de identificación de productor ou xestor que se lle asigne.

2. Datos acreditativos da súa identidade:

a) Nome ou razón social da persoa física ou xurídica inscrita.

b) NIF e DNI, se se trata de empresario individual, e CIF cando se trate de persoa xurídica.

c) Domicilio completo da empresa e do centro ou centros de traballo onde se realiza a actividade.

2. Actividades de producción ou de xestión que realiza.

3. Destino do residuo.

4. Tipo e identificación do residuo ou residuos que se van producir ou xestionar.

5. Capacidade nominal da actividade de producción ou de xestión, se é o caso.

6. Tipo de instalación e procedemento de producción ou de xestión.

7. Persoa encargada da actividade de producción ou de xestión.

8. Data da autorización e prazo desta, de se-lo caso.

9. Modalidade e contía da fianza, se é o caso.

10. Número e contía da póliza de responsabilidade civil, se é o caso.

11. Modificación ou ampliación da actividade suxeita a notificación.

Artigo 28º.-Do carácter da inscrición.

A inscrición no rexistro será obrigatoria para tódalas persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de producción de residuos perigosos ou de xestión de residuos.

Artigo 29º.-Da cancelación e suspensión da inscrición no rexistro.

1. Son causas de cancelación da inscrición no rexistro:

a) A suspensión definitiva da actividade ou da autorización, acordada por resolución motivada de acordo coa normativa vixente.

b) A inhabilitación especial para profesión ou oficio acordada por sentencia firme.

c) A clausura definitiva do local, establecemento ou industria.

d) O cesamento da actividade.

e) A caducidade ou revogación da autorización.

f) O incumprimento sobrevido dos requisitos considerados necesarios para poder ser inscrito.

g) O incumprimento das obrigas dos xestores suxeitos a notificación.

2. Son causas de suspensión da inscrición no rexistro:

a) A suspensión temporal da actividade ou da autorización acordada por resolución motivada de acordo coa normativa vixente.

b) A clausura temporal do local, establecemento ou industria.

Capítulo VII

Procedemento e potestade sancionadora

Artigo 30º.-Infraccións e sancións.

As infraccións cometidas contra o disposto neste decreto serán sancionadas de acordo coa Lei 10/1998, do 20 de abril, de residuos, e demais disposicións que lle sexan de aplicación.

Artigo 31º.-Procedemento.

O procedemento sancionador por incumprimento das obrigas establecidas neste decreto rexerase polo establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Artigo 32º.-Competencia.

1. A incoación e instrucción dos procedementos sancionadores por calquera incumprimento do establecido neste decreto que constitúan infracción tipificada na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, e Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, será competencia do director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

2. A resolución dos expedientes ós que se refire o parágrafo anterior corresponderalles:

a) Nas infraccións leves ó director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

b) Nas infraccións graves ó conselleiro de Medio Ambiente.

c) Nas infraccións moi graves ó Consello da Xunta de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Medio Ambiente poderá eximir da esixencia de autorización administrativa de xestión de residuos non perigosos ás empresas ou establecementos que se ocupen da valorización ou da eliminación dos seus propios residuos nos centros de producción, sempre que a Xunta de Galicia dicte normas xerais sobre cada tipo de actividade, nas que se fixarán os tipos e as cantidades de residuos e as condicións nas que a actividade pode quedar dispensada da autorización.

En todo caso, as ditas actividades serán obxecto de inscrición no Rexistro Xeral de Residuos de Galicia.

Segunda.-Entrementres non sexa determinado pola lexislación estatal de desenvolvemento da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, as industrias ou actividades xeradoras ou importadoras de residuos perigosos ou de productos do uso dos cales puidesen derivarse residuos perigosos, ós que non será de aplicación a necesidade de pedir autorización e demais obrigas ás que se refiren os artigos 7.1º, 9.1º e 22 da citada lei básica en función do volume de actividade, aplicaráselles esta exención ós pequenos productores que se definen no artigo 22 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo. Tales productores deberán solicitar en todo caso a inscrición con este carácter no rexistro que se crea por este decreto.

Terceira.-As actuacións administrativas que se deriven da aplicación deste decreto estarán sometidas ó aboamento das taxas previstas na normativa tributaria da Comunidade Autónoma.

Disposicións transitorias

Primeira.-As persoas físicas ou xurídicas ás que se lles concedese unha autorización para a reali

zación de actividades de xestión de residuos non perigosos que non teñan a consideración de urbanos ou municipais, con posterioridade á entrada en vigor da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, e con anterioridade á entrada en vigor deste decreto, deberán adaptarse ós requisitos previstos neste decreto para a actividade de que se trate no prazo de tres meses.

O incumprimento das devanditas obrigas no prazo indicado poderá ser considerado como infracción administrativa, de conformidade co previsto na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Segunda.-Os xestores autorizados conforme o Decreto 260/1998, do 10 de setembro, polo que se regula a autorización de xestor de residuos sólidos urbanos e a inscrición no Rexistro Xeral de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, deberán presenta-la declaración anual das súas actividades antes do día un de marzo do ano seguinte ó da autorización.

Terceira.-Nun prazo de seis meses contado desde a entrada en vigor deste decreto, a Administración, de oficio, adaptará os rexistros actuais de residuos ás esixencias do Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Galicia.

Disposición derrogatoria

Única.-Á entrada en vigor deste decreto quedan derrogadas as seguintes disposicións:

Decreto 260/1998, do 10 de setembro, polo que se regula a autorización de xestor de residuos sólidos urbanos e a inscrición no Rexistro Xeral de Residuos Sólidos Urbanos, coa excepción do artigo 3º, parágrafo 1, inciso final.

Decreto 263/1998, do 10 de setembro, polo que se regula a autorización e se crea o Rexistro de Productores e Xestores de Residuos Perigosos, coa excepción do artigo 3º, parágrafo 1, inciso final.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Medio Ambiente para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento do decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor ós vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO VII

Contido do estudio ó que se refire o artigo 11 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo

De acordo co artigo 11 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, o estudio terá, polo menos, o contido seguinte:

a) Memoria da actividade industrial, facendo unha declaración detallada dos procesos xeradores dos residuos, cantidade, composición, características fisicoquímicas e código de identificación deles, segundo se especifica no anexo I do citado real decreto, modificado polo Real decreto 952/1997, do 20 de xuño.

b) Descrición dos agrupamentos, pretratamentos e tratamentos in situ previstos.

c) Destino final dos residuos, con descrición dos sistemas de almacenamento e recolla, transporte, tratamento, recuperación e eliminación previstos.

d) Plano de implantación da instalación prevista, sobre cartografía a escala 1:5.000 con descrición do contorno.

e) Plano de parcela a escala 1:500 no que se representen as instalacións proxectadas.

f) Xustificación da adopción das medidas de seguridade esixidas para a actividade, e daqueloutras esixidas na vixente lexislación sobre protección civil.

ANEXO X

Contido do proxecto para actividades de eliminación e valorización

A. Cando se trate de residuos non perigosos.

1. Proxecto técnico.

O seu contido axustarase en todo momento ás normas e instruccións técnicas vixentes para o tipo de actividade e instalación de que se trate, e constará de:

A) Memoria:

Comprenderá un estudio descritivo con xustificacións técnicas e económicas relativas:

-Á tecnoloxía adoptada.

-Ás solucións utilizadas nas diferentes instalacións e procesos.

-Á obra civil.

-Ós equipos.

-Ó laboratorio.

-Ós servicios auxiliares.

-A cantos outros aspectos se consideren de interese.

Como anexos á memoria incluiranse, como mínimo, os seguintes:

Xustificación do conxunto das dimensións da instalación, do proceso e outros elementos.

Solucións ou variantes adoptadas para futuras ampliacións con xustificación de que a súa implantación non suporá obstrucción no funcionamento da primeira instalación.

Sistema de toma de mostras.

Esquema funcional da instalación. Balances da materia e de enerxía.

Descrición e diagramas de principio das instalacións xerais, tales como subministración e evacuación de augas, xeración de calor, abastecemento de enerxía, alimentación de receptores, etc.

Seguridade e hixiene nas instalacións.

Plan de obras.

Descrición de probas, ensaios e análises de recoñecemento e funcionamento.

Normativa aplicable.

B) Planos:

-Plano de situación.

-Plano de conxunto.

-Plantas, alzados e seccións.

-Calquera referencia necesaria para a completa definición e coñecemento das estructuras e instalacións.

C) Orzamento:

Orzamento das obras e instalacións e cantos elementos ilustrativos se consideren oportunos para a mellor comprensión do proxecto, tendo en conta, en todo caso, que os distintos documentos que no seu conxunto constitúen o proxecto deberán defini-las obras e instalacións de tal forma que outro facultativo distinto do autor daquel poida dirixir, de acordo con el, os traballos correspondentes.

2. Proxecto de explotación.

O proxecto de explotación da instalación de eliminación constará dos seguintes documentos:

1.1. Explotación:

a) Esquema xeral dos procesos e eliminación.

b) Relación de equipos, aparellos e mobiliario que se van instalar nas diferentes liñas do proceso.

c) Relación de persoal técnico, administrativo e operarios, con indicación das súas categorías e especialidades, que van ser dedicados ó servicio da instalación.

d) Descrición e xustificación da forma de levar a cabo a explotación da instalación. Indicaranse as operacións que sexan rutineiras e aquelas que se consideren especiais ou para circunstancias extraordinarias. Indicarase o número de persoas en cada unha das operacións e cantos datos sexan necesarios para o mellor coñecemento do sistema de operación.

e) Réxime de utilización do servicio polos usuarios e das particularidades técnicas que resulten precisas para a súa definición.

f) Descrición e xustificación da forma de levar a cabo o mantemento, preventivo e correctivo, así como a conservación dos elementos da instalación.

g) Xustificación das medidas de control, detección e corrección da posible contaminación, como consecuencia de avaría, accidente, etc.

h) Avance manual de funcionamento de explotación do servicio, que inclúa:

-Características das instalacións.

-Conservación xeral.

-Manipulación de residuos e subproductos xerados.

-Medidas de seguridade.

-Mantemento preventivo.

-Xestión de stock de residuos.

-Réxime de inspeccións e controis sistemáticos.

1.2. Persoal.

O solicitante deberá especifica-lo persoal que se compromete a ter nas instalacións para atender e cumprir tódalas obrigas derivadas da actividade. Á fronte do persoal, e para tódalas relacións cos servicios da Administración, encontrarase un titulado superior especializado.

B. Cando se trate de residuos perigosos.

De conformidade co artigo 26 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, o estudio terá, ademais das especificacións efectuadas na letra A deste anexo, as seguintes:

a) Relación de prescricións técnicas particulares.

b) O proxecto de explotación completarase con:

1. Relación dos traballos de mantemento e explotación realizados en instalacións industriais.

2. Relación de experiencia en traballos realizados en relación cos residuos perigosos.

3. Certificado do cumprimento das esixencias recollidas na lexislación vixente sobre protección, relativas ós plans de emerxencia previstos no artigo 23.2º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

c) Respecto ó persoal, terase en conta o seguinte:

1. O xefe dos laboratorios deberá ser un titulado de grao superior especializado.

2. Os xefes de explotación e mantemento serán técnicos, como mínimo, de grao medio.

3. O resto do persoal terá unha titulación, formación profesional e experiencia acordes coas funcións que poidan ter encomendadas.

d) Estudio de impacto ou efectos ambientais segundo corresponda, para as actividades previstas no anexo XII.

ANEXO XI

Requisitos xerais para actividades de eliminación en vertedoiros

1. Localización.

1.1. Para a localización dun vertedoiro deberanse tomar en consideración os aspectos seguintes:

As distancias entre o límite do vertedoiro e as zonas residenciais e recreativas, vías fluviais, masas de auga e outras zonas agrícolas ou urbanas, garantindo unha separación mínima entre o vertedoiro e as zonas residenciais de 500 metros.

A existencia de augas subterráneas, augas costeiras ou reservas naturais na zona.

As condicións xeolóxicas ou hidroxeolóxicas da zona.

O risco de inundación, afundimentos, corremento de terras ou aludes no lugar do vertedoiro.

A protección do patrimonio natural ou histórico da zona.

2. Control de augas e xestión de lixiviados.

Tomaranse as medidas oportunas con respecto ás características do vertedoiro e ás condicións meteorolóxicas con obxecto de:

-Controla-la auga das precipitacións que penetre no vertedoiro.

-Impedir que as augas superficiais ou subterráneas penetren nos residuos vertidos.

-Recolle-las augas contaminadas e os lixiviados.

Cando unha avaliación baseada na localización do vertedoiro e nos residuos que admita amose que o vertedoiro non é potencialmente perigoso, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderá decidir que non se aplique esta disposición.

Trata-las augas contaminadas e os lixiviados recollidos do vertedoiro de forma que cumpran a norma adecuada requirida para a súa vertedura.

3. Protección do solo e das augas.

3.1. Todo vertedoiro deberá estar situado e deseñado de forma que cumpra as condicións necesarias para impedi-la contaminación do solo, das augas subterráneas ou das augas superficiais e garanti-la recolla eficaz dos lixiviados nas condicións recollidas no punto 2. A protección do solo, das augas subterráneas e das augas superficiais deberá conseguirse mediante a aplicación dunha barreira xeolóxica e dun revestimento inferior durante a fase activa da explotación e mediante a aplicación dunha barreira xeolóxica e dun revestimento superior durante a fase pasiva posterior á clausura.

3.2. Existe barreira xeológica cando as condicións xeolóxicas e hidroxeolóxicas subxacentes e das inmediacións dun vertedoiro o doten de capacidade suficiente para impedir un risco potencial para o solo e as augas subterráneas.

A base e os lados do vertedoiro consistirán nunha capa mineral que cumpra uns requisitos de permeabilidade e espesor que teñan un efecto combinado (k) en materia de protección do solo, das augas subterráneas e das augas superficiais que sexa, polo menos, equivalente a:

Vertedoiros de residuos non perigosos:

K<1,0x10 9 m/s, espesor>1 m.

m/s=metros por segundo.

Vertedoiros de residuos inertes:

K<1,0x10 7 m/s, espesor>1 m.

m/s=metros por segundo.

Vertedoiros de residuos perigosos:

K<1,0x10 9 m/s, espesor>5 m

m/s=metros/segundo

Cando a barreira xeolóxica non cumpra de forma natural as condicións antes mencionadas, poderá completarse de forma artificial e reforzarse por outros medios que proporcionen unha protección equivalente. O espesor dunha barreira xeolóxica artificial non deberá ser inferior a 0,5 m.

3.3. Ademais das barreiras xeolóxicas anteriormente descritas deberá engadirse un sistema de impermeabilización e de recolla de lixiviados, de acordo cos seguintes principios, de maneira que se garanta que a acumulación de lixiviados na base do vertedoiro se mantén a un mínimo.

-Revestimento de impermeabilización artificial.

-Capa de drenaxe>0,5 m.

3.4. Se a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, tras examina-los posibles perigos para o ambiente, considerase que a prevención de formación de lixiviados é necesaria, poderá prescribir unha impermeabilización superficial, coas seguintes recomendacións:

Capa de drenaxe de gases.

Capa mineral impermeable.

Capa de drenaxe>0,5 m.

Cobertura superior de terra>1m.

3.5. Se, sobre unha base dunha avaliación de riscos para o ambiente que teña en conta, en particular, a Directiva 80/68/CEE, se demostra que a recolla e o tratamento dos lixiviados non son necesarios, ou se establece que o vertedoiro non presenta perigos potenciais para o solo, as augas subterráneas ou as augas superficiais, os requisitos dos números 2 e 3 anteriores poderán ser reducidos en consecuencia, por petición do xestor, pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

4. Control de gases.

Tomaranse as medidas adecuadas para controla-la acumulación e emisión dos gases do vertedoiro.

Os gases de vertedoiro recolleranse en tódolos vertedoiros que reciban residuos biodegradables e trataranse e utilizaranse nos termos que establece a proposta de directiva do consello relativa á vertedura de residuos (Directiva 1999/31/CE do consello, do 26 de abril).

A recolla, tratamento e uso dos gases en vertedoiro conforme o número 2 do punto 2 levarase a cabo de forma que reduza ó mínimo o dano ou deterioración do ambiente e o risco para a saúde humana.

5. Molestias e riscos.

Tomaranse medidas para reducir ó mínimo as molestias e os riscos procedentes do vertedoiro en forma de:

Emisións de cheiros e pos.

Materiais transportados polo vento.

Ruído e tráfico.

Aves, parasitos e insectos.

Formación de aerosois.

Incendios.

O vertedoiro deberá estar equipado para evitar que a sucidade orixinada no lugar se disperse na vía pública e nas terras circundantes.

6. Estabilidade.

A colocación dos residuos no vertedoiro farase de tal forma que garanta a estabilidade da masa de residuos e estructuras asociadas, en particular para evita-los escorregamentos. Cando se constrúa unha

barreira artificial, deberá comprobarse que o substrato xeolóxico, tendo en conta a morfoloxía do vertedoiro, é abondo estable para evitar asentamentos que poidan causar danos á barreira.

ANEXO XII

Actividades de eliminación e valorización de residuos suxeitas a avaliación ambiental

Avaliación de efectos ambientais.

Operacións de eliminación de residuos non perigosos.

D1 Depósito sobre o solo ou no seu interior (por exemplo, vertedura, etc.).

D2 Tratamento en medio terrestre (por exemplo, biodegradación de residuos líquidos ou lodos no solo, etc.).

D3 Inxección en profundidade (por exemplo, inxección de residuos bombeables en pozos, minas de sal ou fallas xeolóxicas naturais, etc.).

D4 Encoro superficial (por exemplo, vertedura de residuos líquidos ou lodos en pozos, estanques ou lagoas, etc.).

D5 Vertedura en lugares especialmente deseñados (por exemplo, colocación en celas estancas separadas, recubertas e illadas entre si e o medio, etc.).

D6 Vertedura no medio acuático, salvo no mar.

D7 Vertedura no mar, incluída a inserción no leito mariño.

D8 Tratamento biolóxico non especificado noutro punto deste anexo e que dea como resultado compostos ou mesturas que se eliminen mediante algún dos procedementos enumerados entre D1 e D12.

D9 Tratamento fisicoquímico non especificado noutro punto deste anexo e que dea como resultado compostos ou mesturas que se eliminen mediante un dos procedementos enumerados entre D1 e D12 (por exemplo, evaporación, secado, calcinación, etc.).

D10 Incineración en terra.

D11 Incineración no mar.

D12 Depósito permanente (por exemplo, colocación de contedores nunha mina, etc.).

D13 Combinación ou mestura previa a calquera das operacións enumeradas entre D1 e D12.

D14 Reenvasado previo a calquera das operacións enumeradas entre D1 e D13.

D15 Almacenamento previo a calquera das operacións enumeradas entre D1 e D14 (con exclusión do almacenamento temporal previo á recolla no lugar de producción).

Operacións de valorización de todo tipo de residuos.

R1 Utilización principal como combustible ou como outro medio de xerar enerxía.

R2 Recuperación ou rexeneración de disolventes.

R3 Reciclaxe ou recuperación de substancias orgánicas que non se utilizan como disolventes (incluídas as operacións de formación de fertilizantes e outras transformacións biolóxicas).

R4 Reciclaxe e recuperación de metais ou de compostos metálicos.

R5 Reciclaxe ou recuperación doutras materias inorgánicas.

R6 Rexeneración de ácidos ou de bases.

R7 Recuperación de compoñentes utilizados para reduci-la contaminación.

R8 Recuperación de compoñentes procedentes de catalizadores.

R9 Rexeneración ou outro novo emprego de aceites.

R10 Tratamento dos solos, producindo un beneficio á agricultura ou unha mellora ecolóxica deles.

R11 Utilización de residuos obtidos a partir de calquera das operacións enumeradas entre R1 e R10.

Avaliación de impacto ambiental.

Instalacións de eliminación de residuos perigosos por incineración, tratamento químico ou almacenamento en terra. En calquera caso:

D1 Depósito sobre o solo ou no seu interior (por exemplo, vertedura, etc.).

D2 Tratamento en medio terrestre (por exemplo, biodegradación de residuos líquidos ou lodos no solo, etc.).

D3 Inxección en profundidade (por exemplo, inxección de residuos bombeables en pozos, minas de sal ou fallas xeolóxicas naturais, etc.).

D4 Encoro superficial (por exemplo, vertedura de residuos líquidos ou lodos en pozos, estanques ou lagoas, etc.).

D5 Vertedura en lugares especialmente deseñados (por exemplo, colocación en celas estancas separadas, recubertas e illadas entre si e o medio, etc.).

D6 Vertedura no medio acuático, salvo no mar.

D7 Vertedura no mar, incluída a inserción no leito mariño.

D8 Tratamento biolóxico no especificado noutro punto deste anexo e que dea como resultado compostos ou mesturas que se eliminen mediante algún dos procedementos enumerados entre D1 e D12.

D9 Tatamento fisicoquímico non especificado noutro punto deste anexo e que dea como resultado compostos ou mesturas que se eliminen mediante un dos procedementos enumerados entre D1 e D12 (por exemplo, evaporación, secado, calcinación, etc.).

D10 Incineración en terra.

D11 Incineración no mar.

D12 Depósito permanente (por exemplo, colocación de contedores nunha mina, etc.).

D13 Combinación ou mestura previa a calquera das operacións enumeradas entre D1 e D12.

D14 Reenvasado previo a calquera das operacións enumeradas entre D1 e D13.

D15 Almacenamento previo a calquera das operacións enumeradas entre D1 e D14 (con exclusión do almacenamento temporal previo á recolla no lugar de producción).

ANEXO XIII

Documento de síntese

O documento de síntese especificará para cada unha das instalacións que pretendan xestionar:

a) No caso de vertedoiro controlado de nova creación:

1. Descrición dos tipos e a cantidade total de residuos que se vaian xestionar.

2. Capacidade e vida útil proposta do lugar de eliminación.

3. Descrición do lugar, incluídas as súas características hidrolóxicas e xeolóxicas.

4. Métodos de prevención e reducción da contaminación propostos.

5. Plan proposto de explotación, vixilancia e control.

6. Plan proposto de procedemento de clausura e mantemento posterior a ela.

7. Estudio de avaliación ambiental para tódalas fases da súa xestión, quedando sometido a declaración de efectos ambientais.

b) En caso de vertedoiro controlado existente:

1. Un plan de acondicionamento do vertedoiro que recolla as especificacións contidas neste artigo para o caso de vertedoiro controlado de nova creación.

2. Un calendario de execución do plan de acondicionamento cunha duración que non excederá, en ningún caso, de cinco anos a partir da súa autorización pola autoridade competente.

3. Estudio de avaliación ambiental para tódalas fases da súa xestión, quedando sometido a avaliación de efectos ambientais.

c) En caso de ampliación dun vertedoiro existente, presentarase a documentación que se especifica neste artigo para o caso de vertedoiro controlado de nova creación, ademais de:

1. Un plan de clausura da parte do vertedoiro no que cesa a explotación e mantemento posterior dela.

2. Un calendario de execución do plan de clausura proposto que non excederá, en ningún caso, de dous anos.

3. Estudio de avaliación ambiental para tódalas fases da súa xestión, quedando sometido a declaración de efectos ambientais.

ANEXO XIV

Notificación de actividades de xestión de residuos distintas á valorización e eliminación

Don/dona...., con DNI....,

qEn nome propio.

qComo representante legal da empresa..., con CIF...

E con domicilio para efectos de notificacións en:

Enderezo..., localidade..., CP..., teléfono..., fax...

EXPÓN:

Que no seu centro de traballo, situado en..., cos datos que figuran no anexo IV, desexa levar a cabo as seguintes actividades de xestión:

qRecolla.

qTransporte.

qTransporte de residuos perigosos actuando o transportista como simple intermediario.

qAlmacenamento.

qPequena producción de residuo perigoso.

qActuacións en relación cos aceites usados que se leven a cabo nos talleres, estacións de engraxamento e garaxes.

Notifica:

A realización das actividades de xestión expostas, de conformidade co disposto no Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia, no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, e na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, e achega a documentación que se cita no dorso.

..., ... de... de....

Data e sinatura.

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Documentos que se achegan coa notificación:

A. Para tódalas actividades.

qCopia compulsada do DNI do solicitante e, se é o caso, CIF da empresa.

qCopia compulsada das escrituras de constitución ou modificación da empresa inscrita no Rexistro Mercantil.

qPoder notarial do representante legal da empresa.

qDescrición da actividade.

B. Para a actividade de transporte.

qPóliza de seguro da empresa transportista.

qTarxeta de transporte.

qCertificado ADR de cada conductor.

qCertificado ADR do vehículo.

qSeguro do vehículo que cubra os riscos de transporte de mercadorías perigosas.

ANEXO XV

Notificación de importadores e adquirentes intracomunitarios, axentes comerciais ou intermediarios

Don/Dona..., con DNI..,

qEn nome propio.

qComo representante legal da empresa..., con CIF..

E con domicilio para efectos de notificacións en:

Enderezo..., localidade..., C.P.., teléfono..., fax...

EXPÓN:

Que como importador ou adquirente intracomunitario/axente comercial/intermediario, desexa:

qPór residuos que non estean cualificados como perigosos no mercado.

qRealizar con residuos que non estean cualificados como perigosos operacións xurídicas que impliquen cambio de titularidade posesoria:

-Tipo de operación xurídica...

Notifica:

Tales feitos co obxecto de ser inscrito no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia, de conformidade co disposto no Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia e na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, e achega a documentación que se cita no dorso.

..., ... de... de...

Data e sinatura.

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Documentos que se achegan coa notificación:

qCopia compulsada do DNI do solicitante e, se é o caso, CIF da empresa.

qCopia compulsada das escrituras de constitución ou modificación da empresa inscrita no Rexistro Mercantil.

qDocumentación esixida a empresarios non españois.

qPoder notarial do representante legal da empresa.

qDescrición da actividade.

ANEXO XVII

-Nome do ficheiro.

Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

-Usos e fins.

Dispor dunha base de datos con información real dos productores e xestores de residuos en Galicia.

-Persoas ou colectivos afectados.

Persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 30 e 31 deste decreto.

-Procedemento de recolla de datos.

Os datos persoais, técnicos e empresariais correspondentes a cada interesado obteranse a partir da solicitude de inscrición, ou da notificación da actividade.

-Estructura básica:

Base de datos.

-Tipo de datos:

1. Código de identificación.

2. Datos acreditativos da súa identidade.

a) Nome ou razón social da persoa física ou xurídica inscrita.

b) NIF ou CIF.

c) Enderezo completo da empresa.

3. Datos acreditativos do representante legal.

a) Nome e apelidos.

b) NIF.

c) Domicilio completo.

4. Actividade de producción ou xestión que realiza.

5. Tipos de residuos que van producir ou xestionar.

6. Destino do residuo.

7. Zona de cobertura ou área territorial á que circunscribe a súa actividade.

8. Capacidade nominal da actividade de producción ou xestión.

9. Tipo de instalación e procedemento de producción ou xestión.

10. Persoa encargada da actividade de producción ou xestión.

a) Nome, primeiro apelido e segundo apelido.

b) DNI ou NIF.

c) Enderezo e teléfono.

11. Data de autorización e prazo desta.

12. Modalidade e contía da fianza.

13. Número e contía da póliza do seguro de responsabilidade civil.

14. Datos relativos á tarxeta de transporte de cada vehículo.

15. Datos relativos á formación profesional segundo modelo oficial ADR dos conductores.

16. Número de póliza de seguro en vigor de cada vehículo.

17. Modificación ou ampliación da actividade suxeita a notificación.

-Cesións previstas:

Organismos ambientais e organismos oficiais de estatística cando o autorice a normativa vixente.

-Órganos da Administración responsables.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.