Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 204

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 299/2000, do 21 de decembro, polo que se dispón o cesamento de vocais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado por Decreto 227/1997, do 20 de xullo; no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vocais, sendo todos eles nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o devandito artigo 10 do Regulamento do ente público Portos de Galicia, no seu número 8 establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vocal para ser proposto, ou a proposta emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións ou organismos que propuxeran o nomeamento; establece tamén este citado número 8, que os vocais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, das administracións locais e do persoal, agás as causas de cesamento que nel se consignan, desempeñarán o seu cargo durante catro anos. Así mesmo, o citado artigo 10 dispón no seu número 10 que os vocais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelexidos unha soa vez ó finalizaren o seu mandato.

Considerando que os vocais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia foron nomeados inicialmente en virtude do Decreto 227/1996, do 24 de maio, de acordo co procedemento previsto no xa citado artigo 10 do Regulamento do ente público, e considerando tamén que as vocalías suxeitas a renovación foron anovadas por primeira vez por metades e por defecto dado seu número impar, en virtude do Decreto 349/1998, do 4 de decembro logo de acordo para tal efecto do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, do 30 de xullo de 1998, e visto que transcorreron catro anos desde a primeira designación de 1996, expirou o mandato de catro anos tanto dos vocais que non foron renovados como dos nomeados nese ano; é preciso pois, proceder á renovación de vocais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, así como do representante do persoal do ente público, polo que recibidas as pro

postas correspondentes ás distintas administracións públicas, organismos, entidades e órganos, na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, de Manuel Pazos Vázquez, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º

O cesamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo, de José Antonio Regal Pino, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 3º

O cesamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia da Coruña, de Manuel Fontao Lampón, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 4º

O cesamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Pontevedra, de Emilio Vicente Lomba, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 5º

O cesamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Lugo, de Francisco Cacharro Pardo, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 6º

O cesamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Lugo, de Manuel Díaz Sampedro, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 7º

O cesamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Pontevedra de, Augusto Sánchez Casal, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 8º

O cesamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola

provincia de Pontevedra, de Manuel Ramón Vilar Márquez, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 9º

O cesamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia da Coruña, de Jesús Barrientos Antelo, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 10º

O cesamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación do seu persoal, de Antonio Martín Jiménez, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vinteún de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial

Obras Públicas e Vivenda