Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de compensación da U.E. número 2 Alameda Talorío.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 11 de otubro de 2000, adoptou o acordo de aprobar definitivamente o proxecto de compensación da U.E. número 2 Alameda Talorío, presentado pola Xunta de Compensación da devandita unidade de execución.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Soutomaior, 29 de novembro de 2000.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde