Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do día 26 de outubro de 2000 adoptou, por unanimidade, o seguinte acordo:

1. Inicia-lo expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto complementario nº 1 do proxecto recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica, polo procedemento de taxación conxunta.

2. Expoñer ó público o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto complementario nº 1 do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, por espacio dun mes, para que os que poidan resultar

interesados formulen as observacións ou reclamacións coiden convenientes, en particular sobre o que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificar individualmente ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes.

Relación de propietarios afectados

Nº predioPropietarioPrezo xusto

1Manuel Fernández Gómez4.145.607

2Fco. Fernández de la Fuente e outro2.210.235

3Manuel Fernández Gómez9.237.621

Ourense, 31 de outubro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde