En cumprimento co disposto no artigo 93 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das adminis
tracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.
c) Número de expediente: ref. 1281.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: de obra.
b) Descrición do obxecto: sinalización turística na zona rural do concello de Ourense.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 20 de xullo de 2000 e Diario Oficial de Galicia do 24 de agosto de 2000.
3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base da licitación:
Importe total: 35.076.891 pesetas (210.816,36 euros), IVE incluído.
5. Adxudicación:
a) Data: 19 de outubro de 2000.
b) Contratista: U.T.E.: Señalizaciones Postigo, S.A. e TNP Proyectos y Obras, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 26.528.739 pesetas (159.441 euros).
Ourense, 25 de outubro de 2000.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde