Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

EDICTO.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día dous do actual, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá

a contratación por concurso aberto da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

1. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa documentación e contido que se definen nos pregos de prescricións técnicas e na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais disposicións concordantes.

2. Exposición ó público: este prego exponse ó público durante o prazo de 8 días hábiles desde o seguinte á publicación do presente anuncio no BOP (e DOG), para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará de presentarse reclamacións contra o prego.

3. Entidade adxudicadora: a Comisión de Goberno do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

Dependencia de tramitación do expediente: secretaría.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento.

Definitiva: o 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: o modelo de proposición, prego de cláusulas e demais documentación necesaria para participar no concurso están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles, de 9 a 14 horas.

Domicilio: praza dos Amigos, s/n.

Localidade e código postal:Xunqueira de Espadanedo 32730, teléfono: 988 29 10 01, fax: 988 29 10 46.

7. Requisitos específicos do contratista: os requisitos serán os que se reflicten no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de planeamento municipal de Xunqueira de Espadanedo.

8. Presentación das ofertas e das solicitudes de presentación.

a) Data e lugar de presentación das proposicións: nas oficinas deste concello, de 9 a 14 horas, en sobre pechado e conforme se establece no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG; se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación: os recollidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello, ás 12 horas do quindodía hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, e se este fose sábado, o primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Pagamento dos traballos: os traballos pagaranse en catro anualidades, que veñen determinadas no prego de condicións.

Xunqueira de Espadanedo, 28 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado