Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade á adxudicación da seguinte contratación.

1. Adquisición de equipamento de sistema de anestesia con destino ó Hospital Abente e Lago-A Coruña.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.33/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de sistema de anestesia.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 80, do 26 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e seis millóns setecentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (36.750.000 pesetas), (220.871,95 euros).

Lote único: 36.750.000 pesetas, 220.871,95 euros.

5. Adxudicación.

Lote único: equip. sistema anestesia (máquina e motor).

Data: 16 de novembro de 2000.

a) Contratista: Datex Ohmeda, S.L.

b) Nacionalidade: española.

c) Importe de adxudicación: trinta e seis millóns setecentas cincuenta pesetas, IVE incluído (36.750.000 pesetas), (220.871,95 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos