Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

DECRETO de Alcaldía.

Presentado polo arquitecto Teodoro de Francisco Antes o estudio de detalle e urbanización da vía PO-400, rúa Miguel Dávila, 1ª transversal rúa Antonia Tovar e rúa en proxecto, sendo competente esta Alcaldía e de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle e urbanización da vía PO-400, rúa Miguel Dávila, 1ª transversal rúa Antonia Tovar e rúa en proxecto, redactado polo arquitecto Teodoro de Francisco Antes.

2. Sometelo a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

3. De non presentarse reclamacións no prazo de exposición, entenderase definitivamente aprobado.

4. Notificarlles ós herdeiros de José Luis Alonso Rodríguez, representante Elvira Alonso Rodríguez.

Mandouno e asínao o alcalde en Arbo, vinte de decembro de dous mil.

O alcalde

Rubricado