Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 8/2000, relativo ó servicio de limpeza e desinfección deste complexo hospitalario (edificios: Hospital Santa María Madre e Hospital de Día).

Convocado o concurso público 8/2000, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario de Ourense (edificios: Hospital Santa María Madre e Hospital de Día), e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta xerencia xeral en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG 58, do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG 103, do 29 de maio), resolve facer pública a adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Complexo Hospitalario de Ourense; rúa Ramón Puga, núm. 52, 32005 Ourense.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: contratación do servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario de Ourense (edificios: Hospital Santa María Madre e Hospital de Día).

4. Data de adxudicación do contrato: 24 de novembro de 2000.

5. Criterios de adxudicación: organización técnica: 3 puntos; medios persoais: 3 puntos; prezo: 3 puntos; melloras ó prego de prescricións técnicas: 1 punto.

6. Número de ofertas recibidas: 6.

7. Nome e enderezo do prestador do servicio:

Clece, S.A.

NIF: A. 80364243, avda. de Tenerife, 4 - 6 28700-San Sebastián de los Reyes (Madrid).

Prezo: 310.542.698 ptas. (1.866.399,20 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 2 anos.

8. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 10 de agosto de 2000.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado: 19 de agosto de 2000.

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 23 de agosto de 2000.

11. Data de envío do anuncio: 1 de decembro de 2000.

12. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 27 de novembro de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense