Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Mondoñedo para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente. 069-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Mondoñedo coas seguintes características:

-Peticionario: Fergo Galicia Vento, S.L.

Padre Feijó, 5.1º.

A Coruña.

-Situación: Concello de Mondoñedo (Lugo).

-Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.627.603,00; 4.815.300,00).

V (0.628.400,00; 4.815.300,00).

V (0.631.600,00; 4.813.250,00).

V (0.631.600,00; 4.811.720,00).

V (0.628.000,00; 4.809.000,00).

V (0.626.000,00; 4.809.000,00).

V (0.626.000,00; 4.810.750,00).

-Superficie afectada: 2.345,72 Ha.

-Potencia bruta: 49,4 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia, durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 18 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo