Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 261/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execucion das instalacións de:

A liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 15 kV, no tramo aéreo sobre apoios de formigón e con conductor LA-180, co ºa orixe no apoio nº 129 da liña nº 7 de subestación de Bergondo, entre C.T. Corvián e C.T. Santiago de Ois, de 667 m de lonxitude, seguida do tramo subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 215 m de lonxitude e final no parque empresarial de Coirós. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona do parque empresarial de Coirós. No termo municipal de Coirós. (Expediente 261/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultar os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 22 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 261/2000Provincia: A Coruña

L.M.T. alimentación a parque empresarial de CoirósTermo municipal: A Coruña

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

1CarreirasPiñeiralÁngel Domínguez FidalgoR/ Castrillón, 55

15009 A Coruña

œ 1112192

4Revolta do FoxoEucaliptalOnelia Pérez BarralR/ Venezuela, 3B, 2ª dta.

15300 Betanzos

36550

5Revolta do FoxoEucaliptalEnrique Martínez LópezBrea-Santiago de Ois, 14

15316 Coirós

27432

6Revolta do FoxoEucaliptalManuela Golpe GolpeRechán-Santiago de Ois, 67

15316 Coirós

œ 21741.184

7Revolta do FoxoEucaliptalRogelio Platas PérezFrancisco Tetta Mancy, 25-27, 7º D. 15007 A Coruñaœ 2153848

8Revolta do FoxoEucaliptalMaría Josefa Vázquez PérezO Castrillón-Santa María de Ois, 18. 15316 Coirós22318

9Revolta do FoxoEucaliptalAntonio Mayor Álvarez

Medal

Combarro-Santiago de Ois, 16

15316 Coirós

LAT66

10A RosaEucaliptalEduardo Vaquero GolpeAvd. Arteixo, 25, 6º B

15005 A Coruña

47736

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

11Pozos de ArribaEucaliptalAntonio Marcote VázquezAvd. dos Caídos, 4, 3º esq.

15009 A Coruña

œ 3130480

12Pozos de ArribaEucaliptalArturo Martínez GonzálezCombarro-Santiago de Ois, 28

15316 Coirós

œ 3137592

14Pozos de ArribaEucaliptalPedro Carro SantamariñaLugar de A Lapela-Sta. Mariña de Lesa, 12

15316 Coirós

8128

18Pozos de ArribaEucaliptalRpte. Pedro Carro Santamariña. Ángeles Rodríguez SantamariñaLugar dea Lapela-Sta. Mariña de Lesa, 12. 15316 Coirós24384

19Pozos de ArribaEucaliptalAntonio López SantamariñaA Feira Nova-Leiloio

15113 Malpica de Bergantiños

43688

20Pozos de ArribaEucaliptalRpte. Pedro Carro Santamariña. Ramón Santamariña PlatasLugar da Lapela-Sata Mariña de Lesa, 12. 15316 Coirósœ 418128