Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 27 de novembro de 2000 pola que se lle notifica á axencia de viaxes Viajes Botafumeiro, S.A. o acordo de iniciación do expediente de revogación do seu título-licencia.

Por medio da presente cédula, notifícaselle ó titular ou representante legal da axencia de viaxes que figura no anexo, cos datos e últimos enderezos que tamén se sinalan que a inspección adscrita a esta Dirección Xeral de Turismo constatou que a devandita axencia non exerce a actividade desde hai máis dun ano.

Así mesmo, infórmaselle que con data do 27-12-1999 notificóuselle a obrigatoriedade de repoñe-la garantía no prazo de 15 días de acordo co estipulado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia.

Tendo en conta que de acordo co establecido no artigo 12 a) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, é causa de revogación do título-licencia a non reposición da garantía, así como non mante-la actividade da axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada, esta dirección xeral acordou inicia-lo expediente de revogación do título-licencia da dita axencia, de conformidade co establecido no artigo 12 do referido decreto.

O interesado disporá dun prazo de 15 días para efectua-las alegacións que estime pertinentes, podendo examina-lo expediente e obter copia dos documentos contidos nel, na Dirección Xeral de Turismo.

Para os efectos de que lle sirva de notificación ó titular da mencionada axencia de viaxes, en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

Antonio Díaz Otero

Subdirector xeral de Ordenación do Turismo

ANEXO

Axencia de viaxes: Viajes Botafumeiro, S.A.

Representante legal: Pozo Fidalgo, Alberto.

Últimos enderezos coñecidos: praza Compostela, 9-baixo, 36201 Vigo (Pontevedra).