Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 161

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (252/2000).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 252/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«María Ángeles Lamas Méndez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa xuízo de faltas 252/2000, seguida por unha falta de inxuria contra Lucía Graña Moreiras, sendo parte nesta Ángela Aceytuno Ortega en calidade de denunciante.

Sentencio: que debo absolver e absolvo libremente a Lucía Graña Moreiras con tódolos pronunciamentos favorables, con declaración de custas de oficio.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Lucía Graña Moreiras, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o catorce de decembro de dous mil.

O secretario

Rubricado