Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (24/2000).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia.

Dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 24/2000 se dictou a presente sentencia, que na súa parte dispositiva di:

Que debo absolver e absolvo a Raquel Viturro Vicente dos feitos axuizados nas presentes actuacións, con declaración de oficio da metade das custas devengadas na causa.

Que debo condenar e condeno a Jesús Vilas Fernández, como autor dunha falta do art. 636 do Código Penal, á pena dun mes de multa con cota diaria de mil pesetas e responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas, así como ó pagamento da metade das custas causadas.

Notifíqueselle a presente resolución con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos perante a Audiencia Provincial da Coruña que se poderá interpoñer, se é o caso, ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Raquel Viturro Vicente, Jesús Vilas Fernández, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Boletín Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o 15 de decembro de 2000.

A secretaria

Rubricado