Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio retallista téxtil.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector comercio retallista téxtil, con nº de código 3600375 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-10-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios do Comercio Retallista Téxtil, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO e UGT, con data do 18-10-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de novembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector de comercio retallista téxtil de Pontevedra

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Unión Xeral de Traballadores (UGT), en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresarios del Comercio Retallista Téxtil de Pontevedra, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais de tódalas empresas da provincia de Pontevedra que, tanto na actualidade, como no futuro, se dediquen

á venda retallista de tecidos en xeral, roupa confeccionada, alfombras e tapices, paquetería, mercería, quincalla, etc.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor ós quince días do seu asinamento, sen prexuízo da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de febreiro de 2000.

Terá unha duración de 23 e rematarán os seus efectos o día 31 de decembro de 2001.

Entenderase prorrogado tacitamente por anualidades, se non media denuncia das partes con tres meses, polo menos, ó remate da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio estivese desfrutando dunhas condicións económicas ou laborais máis beneficiosas que as aquí pactadas, deberá conservalas, facéndose o cálculo polo conxunto anual de tódalas percepcións.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As melloras económicas que se implantan en virtude do presente convenio, así como as voluntarias que no futuro se establezan, poderán ser compensadas e absorbidas, ata onde alcancen, cos aumentos ou melloras que actualmente teñan establecidas as empresas ou que no futuro se establezan con carácter xeral, mediante disposición legal.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 6º.-Salarios.

Os soldos e salarios correspondentes ó primeiro ano de vixencia do convenio (1/2/2000 a 31/12/2000) son os que figuran na táboa salarial anexa I, e supoñen un incremento respecto ás vixentes o 31/1/2000, do 5%.

Para o segundo ano de vixencia do convenio (1-1-2000 ó 31-12-2001) incrementarase a táboa vixente o 31-12-2000, nun 4% aplicándose, en principio, os soldos e salarios que figuran na táboa salarial anexa II, táboa que deberá ser revisada se, como se indica no artigo 7 deste convenio, relativo á revisión salarial para o primeiro ano de vixencia (1-1-2000 ó 31-12-2000), o IPC rexistra o 31 de decembro de 2000, un incremento, respecto ó 31-1-2000, superior ó 3%.

Artigo 7º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) rexistrase o 31 de decembro de 2000 un incremento, respecto ó 31 de xaneiro de 2000, superior ó 2,6%, o dito exceso servirá de base para a aplicación do incremento previsto para o ano 2001.

No momento en que se coñeza o IPC citado anteriormente, procederase a cuantifica-lo exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para o 2000, adicionándoo ós salarios vixentes o 31 de decembro de 2000 e sobre a cantidade resultante, calcularanse os incrementos

salariais que rexerán a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 8º.-Aumentos por antigüidade.

Os aumentos periódicos por tempo de servicio ata o 31 de decembro de 2000, consistirán en cuadrienios na contía do seis por cento sobre os salarios base deste convenio.

A partir da citada data do 31-12-2000 desaparece o concepto e tratamento do complemento persoal de antigüidade, tanto nos seus aspectos normativos como retributivos.

Como consecuencia da dita eliminación, teranse en conta os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán tan só os importes daqueles cuadrienios que tiveran devengados polo complemento persoal de antigüidade, ó 31 de decembro de 2000, polo que non se terán en conta os tramos intermedios.

b) Os importes obtidos ó abeiro do previsto na letra anterior manteranse invariables e polo tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato de traballador.

c) O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario con denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 9º.-Complemento de transporte.

O persoal das empresas afectadas por este convenio percibirá un complemento de transporte, que será aboado por día efectivo de traballo, na contía de 426 ptas. durante o primeiro ano de vixencia e de 435 ptas. no segundo.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro, polo importe dunha mensualidade cada unha delas.

Establécese unha paga extraordinaria no mes de outubro, consistente nunha mensualidade. A dita paga farase efectiva no mes de outubro de cada ano, tendo en conta o que se dispón sobre a referida paga no artigo 13º do convenio.

Así mesmo, todo o persoal desfrutará unha gratificación, denominada de beneficios, polo importe mínimo dunha mensualidade completa.

As citadas pagas calcularanse en función dos soldos que para cada categoría fixa o anexo deste convenio, e maila antigüidade, se é o caso, para todo o persoal.

As catro gratificacións que se establecen serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose nos supostos que proceda, tales como os de entrada ou cesamento do traballador na empresa.

Artigo 11º.-Axudas de custo.

Cando as empresas despracen os seus traballadores para que realicen traballos fóra do lugar habitual da súa residencia, estarán obrigadas a aboar,

en concepto de axudas de custo, as cantidades seguintes:

Do 1-2-2000 ó 31-12-2000.

Xantar: 2.174.

Cea: 2.174.

Pasa-la noite: 2.174.

Almorzo: 755.

De 1-1-2001 ó 31-12-2001.

Xantar: 2.217.

Cea: 2.217.

Pasa-la noite: 2.217.

Almorzo: 770.

Se os desprazamentos se fan en coche propiedade do traballador, este percibirá desde o 1-2-2000 ó 31-12-2000 trinta e sete pesetas por quilómetro percorrido, e trinta e oito pesetas no período 1-1-2001 ó 31-1-2001.

Artigo 12º.-Gratificacións especiais ós escaparatistas.

O persoal non contratado como escaparatista, que non obstante realice con carácter normal a función da ornamentación de escaparates nos establecementos, terá dereito, en concepto de gratificación especial, a un complemento do dez por cento do seu salario base.

Capítulo III

Xornada laboral

Artigo 13º.-Condicións.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

No caso de que as empresas teñan necesidade de modifica-lo horario de traballo actualmente establecido, para conseguir unha maior eficacia no seu funcionamento, as partes asinantes do convenio recomendan ós afectados a súa mellor disposición para chegar a un entendemento.

As empresas quedan en liberdade para a apertura dos seus establecementos durante as tardes dos sábados de todo o ano, se ben deberán establecerse as quendas rotativas correspondentes, de tal maneira que no ano os traballadores desfruten de descanso durante dezaoito sábados pola tarde.

Con excepción de Vigo, os establecementos do resto da provincia terán a opción de poder abrir durante as tardes deses sábados, se ben, en caso de que optase polo peche durante as tardes dos sábados, non estarán obrigados a facer efectiva a paga extraordinaria de outubro.

Capítulo IV

Vacacións

Artigo 14º.-Contía.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán de 30 días naturais de vacacións.

Artigo 15º.-Datas de desfrute.

O desfrute destes 30 días de vacacións estará abranguido entre os meses de abril a outubro, ámbo

los dous incluídos, agás que o traballador teña preferencia por outra época do ano.

Artigo 16º.-Determinación de quendas.

En cada empresa establecerase unha orde rotativa de preferencia, de tal xeito que quen un ano foi primeiro á hora de elixir quenda, pasa a se-lo último no ano seguinte.

Capítulo V

Disposicións varias

Artigo 17º.-Xubilación.

Os traballadores que no momento da xubilación leven na empresa máis de 20 anos, percibirán desta a cantidade de 253.929 pesetas; os que leven máis de 25 anos, 362.757; e os que leven máis de 30 anos, 453.441.

Artigo 18º.-Invalidez.

A todo traballador que lle sexa declarada unha situación legal de invalidez e que leve máis de 15 anos ó servicio da empresa, percibirá desta a cantidade de 72.551 pesetas; con máis de 20 anos, 99.758 pesetas; con máis de 25 anos, 154.173 pesetas; e con máis de 30 anos, 206.769 pesetas.

As ditas cantidades serán efectivas unha vez declarada oficialmente a invalidez por unha soa vez.

Artigo 19º.-Defunción.

No caso de falecemento do traballador, con polo menos un ano de pertenza á empresa, queda esta obrigada a lles satisfacer ós seus habentes dereito o importe de catro mensualidades iguais á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a ela.

Artigo 20º.-Incapacidade temporal.

En caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade ou accidente, debidamente acreditado pola Seguridade Social, do persoal abranguido no réxime de asistencia a ela, a empresa completará as prestacións obrigatorias ata o importe íntegro das súas retribucións, ata o límite de doce meses, aínda que o traballador fose substituído.

Artigo 21º.-Servicio militar.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

Ós traballadores que proceda proveráselles obrigatoriamente por parte da empresa, de uniformes ou outra roupa de traballo, das coñecidas e típicas para a realización das distintas e diversas actividades que o uso vén aconsellando.

A provisión de tales pezas de roupa deberá facerse ó comeza-la relación laboral entre as empresas e os traballadores en número de dúas pezas, que se reporán en anualidades sucesivas de maneira conveniente ou, polo menos, na metade delas.

Artigo 23º.-Excedencia por maternidade.

As traballadoras que, de acordo co establecido no artigo 46.3º do Estatuto dos traballadores, soliciten un período de excedencia por un tempo non superior a un ano, terán dereito á reserva do posto de traballo

e á reincorporación a el, unha vez rematado o período de excedencia, sempre que o reingreso sexa solicitado cun mes de antelación ó seu remate.

Artigo 24º.-Licencias.

Os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída, de ata un máximo de tres días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que poidan impoñerse ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

Igualmente, nos casos de morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns, así como enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos e parto da esposa, os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída de ata cinco días naturais, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída de dous días, sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia non poderá ser acumulable a períodos de vacacións e deberá ser solicitada cunha antelación de 5 días, polo menos.

Esta última licencia de dous días desaparecerá automaticamente do convenio, no suposto de que se produza con carácter xeral e a nivel nacional, unha reducción da xornada.

Artigo 25º.-Contratación.

Contratos de duración determinada. A teor do disposto no artigo 15b, do texto refundido do Estatuto dos traballadores, o contrato eventual ten por obxecto atender esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

Formalización do contrato. Formalizarase por escrito, consignándose con suficiente precisión e claridade a causa e as circunstancias que o motiven, e rexistrándose no Inem.

Duración e prórroga. A duración destes contratos non poderá ser inferior a 30 días, nin superior a trece meses e medio, dentro dun período de 18, contados a partir do momento do contrato inicial. Limitarase a dous o número de contratos que se realizarán, na súa duración máxima a unha mesma persoa.

No caso de que se concerte o contrato por un prazo inferior ós trece meses e medio, poderá ser prorrogado mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Á finalización do contrato por expiración do tempo pactado, tanto se este é eventual como por obra ou servicio determinado, o traballador percibirá, a partir do sexto mes de contrato e sen que se computen

estes 6 meses, unha indemnización económica equivalente a dous días de salario por mes traballado.

Contrato para a formación. A súa duración mínima será de 6 meses, ata un máximo de 30 meses, prorrogables de seis en seis meses. A retribución que se aboará será conforme unha retribución única que para o primeiro ano de vixencia será de 74.200 ptas. e para o segundo de 77.168 pesetas a xornada completa e efectiva de traballo.

Artigo 26º.-Recoñecemento médico.

As empresas afectadas por este convenio facilitarán ós traballadores que o soliciten, un recoñecemento médico anual a través das súa mutuas patronais, Seguridade Social ou calquera outra forma que consideren oportuna.

Artigo 27º.-Taboleiro de anuncios.

As empresas afectadas por este convenio porán ó dispor dos traballadores un taboleiro de anuncios para inseri-las comunicacións de interese para eles.

Capítulo VI

Comisión paritaria

As partes acordan nomear unha comisión paritaria composta por catro membros das dúas centrais sindicais asinantes, representantes dos traballadores e catro representantes empresariais, para a interpretación das cláusulas do convenio.

A convocatoria das reunións deberá ser realizada en casos xustificados e por escrito dirixido á outra parte, con doce días de antelación á data da reunión, detallando a orde do día. A asistencia ás ditas reunións será obrigatoria para ámbalas partes. A acta levantada será asinada no prazo de 24 horas, contado desde a realización da reunión.

Disposición derradeira

Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto neste convenio será de aplicación o Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes.

Disposición adicional

Primeira.-As partes asinantes deste convenio comprométense a estudiar para introducir no segundo ano de vixencia do convenio (1-1-2001 ó 31-12-2001), un protocolo de emprego, mediante o cal se estableza como obrigatoria unha porcentaxe mínima de traballadores fixos en función do cadro de persoal; a reestructura-las actuais táboas salariais, e a reflectir en convenio, nos termos que se acorden, a nova Lei de protección familiar.

Segunda.-As diferencias económicas resultantes da aplicación do incremento salarial pactado, tendo en conta os efectos retroactivos do 1 de febreiro de 2000, poderán facerse efectivos en dous prazos, pagadoiros o primeiro deles antes do 31 de decembro do ano 2000 e o segundo antes do 28 de febreiro de 2001.

Táboa salarial anexa I do convenio colectivo de traballo para o sector de comercio retallista téxtil de Pontevedra

Vixencia: do 1-2-2000 ó 31-12-2000

CategoríasSalario mes

Grupo I

Persoal técnico titulado

Titulado de grao superior109.845
Titulado de grao medio106.265
Axudante técnico sanitario105.071

Grupo II

Persoal mercantil técnico titulado

Director119.395
Xefe de división109.845
Xefe de persoal, de vendas, de compras e encargado xeral109.845
Xefe de sucursal e supermercado106.265
Xefe de almacén106.265
Xefe de grupo106.265
Xefe de sección mercantil105.548
Encargado de establecemento, vendedor, comprador e poxador105.548
Intérprete99.334

Persoal mercantil propiamente dito
Dependente maior106.265
Viaxante104.593
Corredor de praza99.334
Dependente de 25 anos104.111
Dependente de 22 a 25 anos95.035
Axudante88.355
Traballadores en formación: retribución única a xornada completa e efectiva de traballo74.200

Grupo III

Persoal técnico non titulado

Director119.395
Xefe de división109.845
Xefe administrativo107.457
Secretario104.111
Contable105.548
Xefe de sección administrativa106.023

Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo105.548
Oficial administrativo104.111
Auxiliar administrativo94.145
Aspirante a auxiliar administrativo84.934
Auxiliar de caixa ata 24 anos89.711
Auxiliar de caixa de 25 ou máis anos95.908

Grupo IV

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Xefe de sección ou servicio106.022
Debuxante104.078
Escaparatista104.078
Axudante de montaxe82.729
Delineante, visitador, rotulista91.940
Cortador96.713
Axudante de cortador91.914
Xefe de taller94.463
Profesional de oficio de 1ª94.145
Profesional de oficio de 2ª90.805
Profesional de oficio de 3ª89.850
Capataz94.145
Profesional de oficio axudante87.300
Mozo especializado94.145
Ascensorista, telefonista, mozo, empaquetadora, reparadora de medias e cosedora de sacos, maior de 18 anos91.758
As mesmas categorías, con menos de 18 anos, igual que os aspirantes, segundo idade

Grupo V

Persoal subalterno

Conserxe88.695
Cobrador88.695

CategoríasSalario mes

Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro84.935
Persoal de limpeza84.935
Nota: o persoal de limpeza por horas percibirá o seu salario en proporción ás horas traballadas

Táboa salarial anexa II do convenio colectivo de traballo para o sector de comercio retallista téxtil de Pontevedra

Vixencia: do 1-1-2001 ó 31-12-2001

CategoríasSalario mes

Grupo I

Persoal técnico titulado

Titulado de grao superior114.239
Titulado de grao medio110.516
Axudante técnico sanitario109.273

Grupo II

Persoal mercantil técnico titulado

Director124.171
Xefe de división114.239
Xefe de persoal, de vendas, de compras e encargado xeral111.239
Xefe de sucursal e supermercado110.516
Xefe de almacén110.516
Xefe de grupo110.516
Xefe de sección mercantil109.770
Encargado de establecemento, vendedor, comprador e poxador109.770
Intérprete103.308

Persoal mercantil propiamente dito
Dependente maior110.516
Viaxante108.777
Corredor de praza103.308
Dependente de 25 anos108.276
Dependente de 22 a 25 anos98.837
Axudante91.889
Traballadores en formación: retribución única a xornada completa e efectiva de traballo77.168

Grupo III

Persoal técnico non titulado

Director124.171
Xefe de división114.239
Xefe administrativo111.756
Secretario108.276
Contable109.770
Xefe de sección administrativa110.264

Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo109.770
Oficial administrativo108.276
Auxiliar administrativo97.911
Aspirante a auxiliar administrativo88.332
Auxiliar de caixa ata 24 anos93.299
Auxiliar de caixa de 25 ou máis anos99.745

Grupo IV

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Xefe de sección ou servicio110.263
Debuxante108.241
Escaparatista108.241
Axudante de montaxe86.038
Delineante, visitador, rotulista95.617
Cortador100.582
Axudante de cortador95.590
Xefe de taller98.241
Profesional de oficio de 1ª97.911
Profesional de oficio de 2ª94.438
Profesional de oficio de 3ª93.444
Capataz97.911
Profesional de oficio axudante90.792
Mozo especializado97.911
Ascensorista, telefonista, mozo, empaquetadora, reparadora de medias e cosedora de sacos, maior de 18 anos95.429

CategoríasSalario mes

As mesmas categorías, con menos de 18 anos, igual que os aspirantes, segundo idade

Grupo V

Persoal subalterno

Conserxe92.243
Cobrador92.243
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro88.333
Persoal de limpeza88.333
Nota: o persoal de limpeza por horas percibirá o seu salario en proporción ás horas traballadas