O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, establece no seu artigo 3 que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual un Plan xeral de explotación marisqueira, que conterá os plans de explotación para as autorizacións marisqueiras, e as normas e plans de explotación para as zonas de libre marisqueo.
Examinados os plans de extracción remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, oídas as ditas entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre marisqueo e vistos os informes emitidos polos servicios técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto no citado decreto,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.
1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, para o ano 2001, apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa que a continuación se relacionan:
-Plan de caramuxo, ameixa fina e babosa da confraría de pescadores do Vicedo.
Días máximos de extracción: 6 para ameixa e 4 para caramuxo.
Puntos de control: zona de producción.
Puntos de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: abril, xullo, agosto, novembro e decembro.
Zona de traballo: de Punta Espiñeira a San Roque.
-Plan de berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.
Días máximos de extracción: 21.
Punto de control: zona de producción.
Punto de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: marzo a setembro.
Zona de traballo: praia de Villabril.
-Plan de coquina e berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.
Días máximos de extracción: 52.
Punto de control: caseta de Arealonga e zona de producción.
Punto de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, outubro a decembro.
Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.
-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.
Días máximos de extracción: 39.
Puntos de control: praia de Lama, peirao de San Fiz, Ponte Vella e peirao do Barqueiro.
Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, caramuxo e ostra plana.
Épocas probables de extracción: marzo, abril e decembro.
-Confraría de pescadores de Espasante.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: Ortigueira, Punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.
Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cariño.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: Fornelos, Puntal e Figueroa.
Punto de venda: lonxa de Cariño.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e ostra plana.
Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, abril, e de xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Cedeira.
Días máximos de extracción: 30.
Puntos de control: O Cubilote, Alfunil e Casa do Pescador.
Punto de venda: lonxa de Cedeira.
Especies: ameixa fina, berberecho, caramuxo e ostra plana.
Épocas probables de extracción: abril, maio e decembro.
-Confraría de pescadores de Ferrol.
Días máximos de extracción: 112.
Puntos de control: A Cabana.
Punto de venda: lonxa da Gándara.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.
-Plan conxunto para As Pías das confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre.
Días máximos de extracción: 206.
Puntos de control: embarcacións de vixilancia.
Punto de venda: lonxas da Gándara e de Barallobre.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Barallobre.
Días máximos de extracción: 101.
Puntos de control e venda: lonxa de Barallobre.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Mugardos.
Días máximos de extracción: 96.
Puntos de control e venda: A Barca e Casa do Reloxo.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Ares.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control: confraría de Ares.
Punto de venda: lonxas autorizadas.
Especies: ameixa fina e ameixa babosa.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Pontedeume.
Días máximos de extracción: 79.
Puntos de control: rampla do acceso ó peirao e ó paseo marítimo pola lonxa.
Punto de venda: lonxa de Pontedeume.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro, agosto, outubro, novembro e decembro.
-Confraría de pescadores de Sada.
Días máximos de extracción: 44.
Puntos de control: praia de Sada.
Punto de venda: lonxa de Sada.
Especies: ameixa fina e ameixa babosa.
Épocas probables de extracción: xullo a decembro.
-Confraría de pescadores da Coruña.
Días máximos de extracción: 60.
Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, ostra e caramuxo.
Épocas probables de extracción: de setembro a decembro.
-Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.
Días máximos de extracción: 88.
Puntos de control e venda: Fonte Santa Helena.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra.
Épocas probables de extracción: xaneiro a xullo.
-Agrupación de mariscadores río Anllóns.
Días maximos de extracción: 90.
Puntos de control e venda: Pedras de Cambón.
Especies: ameixa fina, berberecho, ostra e caramuxo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Camariñas.
Días máximos de extracción: 152.
Puntos de control: Ariño, Punta da Mina, A Paxariña.
Punto de venda: lonxa de Camariñas.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Muros.
Días máximos de extracción: 70 a pé; 105 desde embarcación.
Puntos de control: Virxe do Camiño, Anido e o matadoiro. Abelleira: Bornalle e Liñares. Muros e Esteiro.
Punto de venda: lonxas de Muros e Esteiro.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda e berberecho, reloxo, carneiro e ostra.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: xaneiro a marzo; setembro a decembro.
A pé: xaneiro a marzo, xullo, agosto, setembro, novembro e decembro.
-Confraría de pescadores de Noia.
Días máximos de extracción: 155 para ameixa e berberecho; 36 para ostra; 61 para caramuxo.
Puntos de control: Freixo, Broña, Picouso, Boa, Testal, Tabuleiro, San Cosme e A Barquiña.
Puntos de venda: lonxas de Freixo e O Testal.
Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa, ostra e caramuxo.
Épocas probables de extracción:
Ameixa e berberecho: xaneiro a abril; setembro a decembro.
Ostra: de xaneiro a decembro.
Caramuxo: de maio a xullo.
-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.
Días máximos de extracción: 189 desde embarcación.
Puntos de control: Illa de Sálvora, Vionta, Noro, praia de Carreira e peirao de Aguiño.
Punto de venda: lonxa de Aguiño.
Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro e reloxo.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.
Días máximos de extracción: 190 desde embarcación.
Punto de venda: lonxa de Aguiño.
Puntos de control: Illa de Sálvora, Vionta, Noro, praia de Carreira, e peirao de Aguiño.
Especies: vieira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, e de xullo a decembro.
-Confraría de pesadores de Ribeira.
Días máximos de extracción: 149 desde embarcación; 42 para vieira e ostra.
Puntos de control: Coroso, Insua, Égoas, Touro, Airó, Castiñeiras e lonxa de Ribeira.
Punto de venda: lonxa de Ribeira.
Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, vieira e ostra.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; setembro a decembro. Para vieira e ostra só xaneiro e decembro.
-Confraría de pescadores de Palmeira.
Días máximos de extracción: 70 a pé; 200 desde embarcación.
Puntos de control:
Desde embarcación: lancha de vixilancia.
A pé: peirao de Palmeira.
Puntos de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.
Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, carneiro, reloxo, ostra e vieira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; xuño a decembro.
-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.
Días máximos de extracción: 206 a pé; 206 desde embarcación.
Puntos de control:
A pé: Areal, Pozo e Friscos.
Desde embarcación: lancha de vixilancia da confraría.
Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.
Especies: berberecho, ameixa babosa, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, ameixa rubia, carneiro e reloxo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; xuño a decembro.
-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz.
Días máximos de extracción: 149 a pé; 171 desde embarcación.
Puntos de control:
Desde embarcación: lancha de vixilancia.
A pé: praias de Barraña, Retorta, Mañóns e Ladeira do Chazo.
Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.
Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa rubia, ameixa xaponesa, reloxo e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; xuño a setembro, novembro e decembro.
-Sociedade Cooperativa Limitada. Ría de Arousa.
Días máximos de extracción: 206.
Puntos de control: Fontela e Portomouro.
Punto de venda: lonxas autorizadas.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a xuño; setembro a decembro.
-Confraría de pescadores de Rianxo.
Días máximos de extracción: 193 desde embarcación; 180 a pé.
Puntos de control:
Desde embarcación: plataforma da batea.
A pé: na praia onde se traballe.
Punto de venda: lonxa da confraría de Rianxo.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e ostra.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: xaneiro a setembro, e decembro.
A pé: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Carril.
Días máximos de extracción: 30 desde embarcación; 40 a pé.
Puntos de control: nas zonas de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Carril.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de agosto a decembro.
A pé: de agosto a novembro.
-Confraría de pescadores de Vilaxoán.
Días máximos de extracción: 130.
Puntos de control: O Rial, Borreiros, Corón, Preguntoiro, Saíñas, Canelas e Castelete.
Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.
Días máximos de extracción: 155 desde embarcación; 137 a pé.
Puntos de control: zonas de extracción e lonxa.
Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: xaneiro, de marzo a setembro, novembro e decembro.
A pé: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.
Días máximos de extracción: 187 desde embarcación; 180 a pé.
Puntos de control: Concerrado, Bao, Camaxe, Xastelas, Areoso, Arnela, Roncadeiras e Bohído.
Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: febreiro a agosto; novembro e decembro.
A pé: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cambados.
Días máximos de extracción: 243 desde embarcación; 200 a pé.
Puntos de control: matadoiro e lonxa de Tragove.
Puntos de venda: lonxa de Cambados.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de abril a xuño, agosto e decembro.
A pé: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores do Grove.
Días máximos de extracción: 220 desde embarcación; 180 a pé.
Puntos de control: O Facho, Insuíña (Castrelo), As Cachadas, ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa do Grove.
Punto de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro a decembro.
A pé: de xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Baiona.
Días máximos de extracción: 65 desde embarcación; 100 a pé.
Puntos de control: praias América, Patos, rampla de Ruíz, lonxa de Baiona e Santa Marta.
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de abril a setembro.
A pé: xaneiro a decembro cun descanso de dous meses consecutivos no período comprendido entre abril e xuño.
2. Non obstante o disposto no punto 1 deste artigo e de acordo co artigo 4.2º do Decreto 423/1993, correspóndelles ós delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura autoriza-la apertura e peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. As entidades titulares deberán solicitar autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.
3. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi aprobado, ateranse ó disposto para as zonas de libre marisqueo.
Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.
1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ó 30 de marzo e desde ó 1 de outubro ata o 31 de decembro.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior exceptúanse as seguintes zonas:
A) Ría de Celeiro: as praias de Sacido e Seiramar permanecerán pechadas todo o ano para a coquina (Donax trunculus). A zona entre a Ponte de Misericordia e a do Ferrocarril permanecerá pechada todo o ano para o berberecho (Cerastoderma edule).
B) Miño: permítese a extracción nas zonas de autorización da zona de Miño e na praia de Pedrido e A Peneda, ambas de libre marisqueo, durante 80 días, entre os meses de xaneiro a abril, agosto, novembro e decembro. Sendo os topes de captura os de libre marisqueo.
C) Sardiñeiro: esta praia permanecerá pechada para a coquina (Donax trunculus).
D) Para traballar con rastro de vieira, segundo o artigo 120 do Decreto 424/1993, no libre marisqueo requirirase solicitude á Dirección Xeral de Recursos Mariños, cunha antelación mínima de 15 días á data de extracción, especificando os datos do censo de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo.
E) Ría de Vigo: na zona denominada Lousal a vieira poderá extraerse exclusivamente do 3 ó 31 de decembro.
2. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños.
3. As cotas de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:
* Marisqueo desde embarcación:
Vieira: 150 unidades/tripulante/día, cun máximo de 500 unidades por embarcación.
Zamburiña e volandeira: 50 kg/tripulante/día cun máximo de 150 kg por embarcación.
Ameixa fina: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.
Ameixa babosa: 8 kg/tripulante/día cun máximo de 24 kg por embarcación.
Ameixa rubia: 16 kg/tripulante/día cun máximo de 48 kg por embarcación, establecéndose como equivalencia para efectos de topes a relación 1 quilo/2 quilos entre babosa e rubia.
Especies acompañantes: 25 kg de reloxo tripulante/día e 8 kg carneiro tripulante/día.
Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.
Outros moluscos: 30 kg.
* Marisqueo a pé:
Ameixa fina: 5 kg/mariscador/día.
Ameixa babosa: 8 kg/mariscador/día.
Coquina: 4 kg/mariscador/día.
Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.
As cotas máximas de captura poderán ser aumentados ou diminuídos pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura dependendo do estado do recurso.
Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.
De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 423/1993, apróbanse os plans de explotación para o ano 2001, relativos a zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e coas condicións que para cada unha delas se indican:
-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Ribadeo.
Zona de traballo: ría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 44.
Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto a decembro.
-Plan de ameixa bicuda da confraría de pescadores de Ribadeo.
Zona de traballo: Tesón da ría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 12.
Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: xullo e agosto.
-Plan de berberecho da confraría de pescadores de Ribadeo.
Zona de traballo: do peirao de Mirasol ó Puntal (ría de Ribadeo).
Días máximos de extracción: 16.
Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: xullo e agosto.
-Plan de lapa e caramuxo da confraría de pescadores de Ribadeo.
Zona de traballo: ría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 30 para caramuxo; 36 para lapa.
Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción:
Caramuxo: marzo, abril, xullo, agosto a decembro.
Lapa: xaneiro, abril, xullo, agosto, novembro e decembro.
-Plan de berberecho da confraría de pescadores de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás e O Taro).
Días máximos de extracción: 70.
Punto de control: lonxa de Foz.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xullo a decembro.
-Plan de caramuxo da confraría de pescadores de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás e O Taro).
Días máximos de extracción: 48.
Punto de control: lonxa de Foz.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.
-Plan de coquina da confraría de pescadores de Foz.
Zona de traballo: praia do Altar.
Días máximos de extracción: 15.
Punto de control: lonxa de Foz.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; outubro a decembro.
-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fontorto, Fondás e O Taro).
Días máximos de extracción: 80.
Punto de control: lonxa de Foz.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xullo a decembro.
-Plan de ameixa fina e babosa da confraría de pescadores de Celeiro.
Zona de traballo:
Desde embarcación: desde a ponte do ferrocarril ata a ponte da Misericordia e canal do río Landro ata o porto de Celeiro.
A pé: desde a ponte do Ferrocarril ata a canle do Porto de Celeiro.
Días máximos de extracción: 100 desde embarcación; 10 a pé.
Puntos de control e venda: lonxas de San Cibrao e Celeiro.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro a maio e de outubro a decembro.
A pé: marzo e decembro.
-Plan de caramuxo da confraría de pescadores de Celeiro.
Zona de traballo: desde a ponte do Ferrocarril ata a canle do porto de Celeiro.
Días máximos de extracción: 11.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: marzo, e de outubro a decembro.
-Plan de berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.
Zona de traballo: praia de Fomento.
Días máximos de extracción: 5
Punto de control: praia de Fomento.
Punto de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: de abril a agosto.
-Plan de coquina das confrarías de Celeiro e O Vicedo.
Zona de traballo: praia de Abrela.
Días máximos de extracción: 6.
Punto de control: praia de Abrela.
Punto de venda: lonxas do Vicedo e Celeiro.
Épocas probables de extracción: marzo, maio e xuño.
-Plan de coquina e berberecho das confrarías de pescadores do Vicedo e O Barqueiro.
Zona de traballo: Lombo das Navallas.
Días máximos de extracción: 52.
Punto de control: Lombo das Navallas.
Puntos de venda: lonxas do Vicedo e O Barqueiro.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.
Días máximos de extracción: 39.
Puntos de control: praia de Lama, peirao de San Fiz, Ponte Vella, Fabriquín e peirao do Barqueiro.
Punto de venda: lonxa do Barqueiro.
Especies: berberecho, ameixa fina e ameixa babosa.
Épocas probables de extracción: marzo, abril e decembro.
-Confraría de pescadores de Espasante.
Días máximos de extracción: 50.
Punto de control: praia de Morouzos.
Punto de venda: lonxa de Ortigueira.
Especies: coquina e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cariño.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: Fornelos, Puntal e Figueiroa.
Punto de venda: lonxa de Cariño.
Especies: ameixa babosa, ameixa fina e berberecho.
Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, abril, de xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Cedeira.
Días máximos de extracción: 66.
Puntos de control: Vilarrube, Casa do Pescador e lonxa de Cedeira.
Punto de venda: lonxa de Cedeira.
Especies: berberecho e caramuxo.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro; de setembro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cedeira.
Días máximos de extracción: 69.
Puntos de control: Vilarrube, Casa do Pescador e lonxa de Cedeira.
Punto de venda: lonxa de Cedeira.
Especie: coquina.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, e de outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cedeira.
Días máximos de extracción: 30.
Puntos de control: Cubilote, Vilarrube e Casa do Pescador de Cedeira.
Punto de venta: lonxa de Cedeira.
Especies: lapa.
Épocas probables de extracción: de abril a setembro.
-Confraría de pescadores de Barallobre.
Días máximos de extracción: 101.
Puntos de control: estación de ferrocarril de Neda e lonxa de Barallobre.
Punto de venda: lonxa de Barallobre.
Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, e de xullo a decembro.
-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Ares e Pontedeume.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control: confraría de Ares e Pontedeume.
Punto de venda: lonxas autorizadas.
Especies: vieira.
Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Ares.
Días máximos de extracción: 18.
Punto de control: confraría de Ares.
Punto de venda: lonxas autorizadas.
Especies: ameixa fina e ameixa babosa.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Sada.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control: praia de Gandarío e Moruxo.
Punto de venda: lonxa de Sada.
Especies: ameixa fina e ameixa babosa.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.
-Confraría de pescadores da Coruña.
Días máximos de extracción: 60 días ría do Burgo-Pasaxe; 40 días O Parrote.
Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).
Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, reloxo, carneiro e caramuxo.
Épocas probables de extracción: ría do Burgo-setembro a decembro; Parrote, maio, xuño, xullo e decembro.
-Asociación Mariscadores Fonte Santa Helena de Baldaio.
Días máximos de extracción: 88.
Puntos de control e venda: Fonte de Sta. Helena.
Especies: berberecho.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a xullo.-Agrupación de Mariscadores do Esteiro do río Anllóns.
Días máximos de extracción: 55.
Punto de control e venda: Pedras de Cambón.
Especies: berberecho.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Plan de endeño remolcado das confrarías de Corcubión, Fisterra e O Pindo.
Días máximos de extracción: 42.
Puntos de control: peirao de Corcubión e lonxa de Fisterra.
Punto de venda. lonxa de Fisterra.
Especies: ameixa rubia.
Épocas probables de extracción: xullo e agosto.
-Confraría de pescadores de Corcubión.
Días máximos de extracción: 150.
Puntos de control: praias de Estorde, O Ézaro, Corcubión e Cee.
Punto de venda: lonxa de Corcubión.
Especies: ameixa babosa, ameixa fina, berberecho, caramuxo, coquina e ostra.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Fisterra.
Días máximos de extracción: 90.
Punto de control e venda: lonxa de Fisterra.
Especies: coquina.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; de xullo a decembro.
-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lira e O Pindo.
Días máximos de extracción: 80.
Puntos de control: estrada do Viso, Pedras Mariñas e Carrofeito.
Punto de venda: lonxa de Lira.
Especies: ameixa fina, berberecho e coquina.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.
Días máximos de extracción: 190.
Puntos de control: Sálvora, Vionta, praia de Carreira e peirao de Aguiño.
Punto de venda: lonxa de Aguiño.
Especies: vieira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Carril.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 110 desde embarcación; 130 a pé.
Puntos de control: zonas de extracción.
Punto de venda: lonxa de Carril.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: abril a decembro.
A pé: abril a decembro.
-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.
Zona de traballo: dique do Terrón, boia columna elect., columna ponte, boia Lañeiras fora espicho Rego do Alcalde.
Días máximos de extracción: 155.
Puntos de control: nas zonas de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.
Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo a setembro, novembro e decembro.
-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.
Zona de traballo: delimitarse na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 121.
Puntos de control: na zona de extracción en na lonxa da Illa de Arousa.
Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.
Épocas probables de extracción: de febreiro a agosto e de novembro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cambados.
Zona de traballo: Galiñeiro, Lañeiras de Fóra e Rego do Alcalde á baliza do Orido, e peirao Meloxo ata as Negreiriñas.
Días máximos de extracción: 83.
Puntos de control: nas zonas de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Cambados.
Épocas probables de extracción: de abril a maio, e de outubro a novembro.
-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa (O Bohído).
Arte que se vai a utilizar: raño.
Zona de traballo: liña imaxinaria Con Cerrado-Abilleira.
Días máximos de extracción: 40.
Puntos de control: especificarase na resolución de apertura.
Puntos de venda: lonxas de Cambados, Vilanova de Arousa, O Grove e A Illa de Arousa.
Épocas probables de extracción: abril e maio.
-Confraría de pescadores do Grove.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 160.
Puntos de control: zona de extracción e na lonxa do Grove.
Punto de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Raxó, Pontevedra e Lourizán.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 130 desde embarcación; 100 a pé.
Puntos de control: Placeres, Cabeceira, praia de Lourido, A Reiboá, praia de Padrón, porto e praias de Raxó.
Punto de venda: lonxa de Campelo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xuño a decembro.
-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Bueu.
Arte: endeño remolcado.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 59.
Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Bueu.
Punto de venda: lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: xaneiro e de novembro a decembro.
-Confraría de pescadores de Aldán.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 120 desde embarcación; 56 a pé.
Punto de control e venda: lonxa de Aldán.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: xaneiro a marzo, e de outubro a decembro.
A pé: xaneiro a decembro.
-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Cangas.
Arte: endeño remolcado.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 75.
Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Cangas.
Punto de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: xaneiro, xullo, agosto, novembro e decembro.
-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Moaña, Arcade, Redondela, Organización de Productores e Cultivadores de Mariscos Ría de Vigo (O.P.P.-38).
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 120 desde embarcación; 130 a pé.
Puntos de control:
Desde embarcación: no mar e nas lonxas de Moaña, Vilaboa, Redondela, Arcade, Cangas, Vigo e Baiona.
A pé: nas praias
Puntos de venda: lonxas de Meira, Santa Cristina de Cobres, Arcade, Cesantes, Cangas, Vigo e Baiona.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: xaneiro a marzo, xuño a agosto e de outubro a decembro.
A pé: de xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Vigo.
Zona de traballo: ponte e praias da zona leste da illa de Toralla.
Días máximos de extracción: 130.
Puntos de control: ponte de Toralla.
Punto de venda: lonxa de Canido.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores da Guarda (lapa).
Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 40.
Puntos de control: Porto de Oia e lonxa de A Guarda.
Puntos de venda: lonxa da Guarda.
Épocas de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.
As entidades marisqueiras que presentaron plan de explotación para zonas de libre marisqueo e non lles foi aprobado, ateranse ó disposto nas normas establecidas nesta orde.
Artigo 4º
Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara e bou de man, poderán realizar capturas desde o 2 de xaneiro ó 30 de marzo e desde o 2 de novembro ó 31 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993.
Artigo 5º.-Percebe.
De acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 423/1993 apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes pollicipes), coas condicións que se indican:
-Confrarías de pescadores de Ribadeo e Rinlo.
Días máximos de extracción: 48.
Punto de control: zonas de producción.
Punto de venda: lonxa de Ribadeo, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: marzo a agosto; novembro a decembro.
-Confraría de pescadores de Burela.
Días máximos de extracción: 70.
Punto de control: zona de extracción.
Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de San Cibrao.
Días máximos de extracción: 68.
Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.
Épocas probables de extracción: abril, maio, de xullo a setembro e decembro.
-Confraría de pescadores de Celeiro.
Zona de traballo: Ermida de San Tirso-Illote Insua Cal, ata desembocadura río Suegos ou Escourido.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores do Vicedo.
Zona de traballo: do extremo norte da praia da Abrela a Punta Congreira e Illa Coelleira.
Días máximos de extracción: 81.
Punto de control: confraría do Vicedo.
Punto de venda: lonxas do Vicedo, Cedeira e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: marzo a setembro e decembro.
-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 120.
Punto de control: peirao do Barqueiro.
Punto de venda: lonxa do Barqueiro, Cedeira, San Cibrao, O Vicedo e Cariño.
Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo a decembro.
-Confraría de pescadores de Espasante.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: peirao, lonxa de Ortigueira e ría.
Punto de venda: lonxa de Ortigueira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cariño.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: peirao de Cariño e rampla anexa e lugares de acceso ás zonas.
Punto de venda: lonxa de Cariño.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cedeira.
Zona de extracción: Punta Frouxeira ata Punta Barcelona.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: lonxa e ría de Cedeira.
Punto de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Ferrol.
Zona de extracción: Punta Faísca ata o faro de Punta Frouxeira.
Días máximos de extracción: 130.
Punto de control: lonxa da Gándara.
Puntos de venda: lonxas da Gándara e Ferrol.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confrarías de pescadores da Coruña, Ares e Mera.
Zona de extracción: ámbitos das confrarías.
Días máximos de extracción: 180.
Puntos de control: A Torre, Mera, Suevos e O Portiño.
Puntos de venda: lonxas da Coruña, Cedeira e Ferrol.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Caión.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 110.
Punto de control e venda: lonxa de Caión.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Malpica.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 160.
Punto de control: lancha de vixilancia.
Punto de venda: lonxa de Malpica.
Épocas probables de extracción: xaneiro ó 15 de maio, xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Corme.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: lugares de acceso ás zonas.
Punto de venda: lonxa de Corme.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Laxe.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 90.
Puntos de control: zona cemiterio, Punta Cabo da Area e lonxa de Laxe.
Punto de venda: lonxa de Laxe.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril; xullo a setembro; novembro e decembro.
-Confraría de pescadores de Camelle.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 170.
Puntos de control: Canle de ríos e peiraos da Lagoa e Camelle.
Punto de venda: lonxa da Coruña.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Camariñas.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 192.
Puntos de control: Punta Arnela e cemiterio dos ingleses.
Punto de venda: lonxa de Camariñas e do Muro (A Coruña).
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Muxía.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 248.
Punto de control: Campolongo, praia Moreira, Arnela e praia Arliña.
Punto de venda: lonxa de Muxía.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Fisterra.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 210.
Puntos de control: peirao e confraría de Fisterra e lugares de acceso ás zonas.
Punto de venda: lonxa de Fisterra.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Lira.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 35.
Puntos de control: peirao e lonxa de Lira.
Punto de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: abril, xullo, agosto e decembro.
-Confraría de pescadores de Porto do Son.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 120.
Punto de control: Furna de Laxe, Punta Castro e Punta Sagrada.
Punto de venda: lonxa de Porto do Son.
Épocas probables de extracción: xaneiro a xullo, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.
Zona de extracción: ámbito territorial da confraría.
Días máximos de extracción: 228.
Puntos de control: Illa de Sálvora, Area Basta, Punta Couso, Espiñeiro, Faro de Corrubedo e peirao de Aguiño.
Punto de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: xaneiro a setembro, novembro e decembro.
-Confraría de pescadores de Ribeira.
Zona de extracción: ámbito da confraría.
Días máximos de extracción: 228.
Puntos de control: zonas de traballo e lonxa de Ribeira.
Punto de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a setembro, novembro e decembro.
-Confraría de pescadores do Grove.
Zona de traballo: Punta Cantodorxo a Punta Faxilda.
Días máximos de extracción: 100.
Punto de control e venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confrarías de pescadores de Portonovo e Sanxenxo.
Zona de traballo: Punta Faxilda a Punta Santa Mariña.
Días máximos de extracción: 26.
Punto de control: zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Portonovo.
Épocas probables de extracción: xullo, agosto e decembro.
-Confraría de pescadores de Bueu.
Zona de traballo: Ons, Onza e de Punta Morcegos a Pedra Branca.
Días máximos de extracción: 213.
Punto de control: zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cangas.
Zona de traballo: Cíes, A Goeira, e de Punta Subrido a Punta Couso.
Días máximos de extracción: 180.
Puntos de control: zona de extracción desde embarcación e na Costa da Vela.
Punto de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Baiona.
Zona de traballo: ámbito da confraría.
Días máximos de extracción: 149.
Puntos de control: Purrido, Porto Castro, Pedra Rubia e porto de Baiona.
Punto de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores da Guarda.
Zona de traballo: ámbito da confraría.
Días máximos de extracción: 100 desde embarcación; 150 a pé.
Puntos de control: Tío Rincho, Agoeira, Horizonte e lonxa da Guarda.
Punto de venda: lonxa da Guarda.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
Artigo 6º.-Outros crustáceos.
1. De acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 423/1993, os períodos autorizados no 2001 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:
Nécora (Nécora puber): do 2 ó 5 de xaneiro e do 2 de xullo ó 31 de decembro.
Bogavante (Homarus gammarus): do 2 de xullo ó 31 de agosto.
Santiaguiño (Palinurus arctus): do 2 de xullo ó 31 de agosto.
Lagosta (Palinurus elephas): do 2 de xullo ó 31 de agosto.
Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.
Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurador): do 2 de xaneiro ata o 30 de marzo e do 2 de xullo ó 31 de decembro.
Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): 2 de xaneiro ó 29 de xuño, e do 2 de novembro ata o 31 de decembro.
Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 1 de febreiro ata o 29 de xuño.
Artigo 7º.-Equinodermos.
-Confraría de pescadores de Ribadeo e Rinlo.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control e venda: lonxas de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo.
-Confraría de pescadores de Foz.
Zona de traballo: de Punta Nois a Punta Promontorio.
Días máximos de extracción: 28.
Punto de control e venda: lonxa de Foz.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.
-Confraría de pescadores de Burela.
Días máximos de extracción: 70.
Punto de control: zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Burela.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de San Cibrao.
Días máximos de extracción: 60.
Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.
-Confraría de pescadores de Celeiro.
Días máximos de extracción: 40.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.
-Confraría de pescadores de Cedeira.
Días máximos de extracción: 84.
Puntos de control: lonxa e ría de Cedeira.
Punto de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Ferrol.
Días máximos de extracción: 144.
Puntos de control: confraría, peirao, lonxa e ría de Ferrol
Punto de venda: lonxa de Ferrol.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores da Coruña.
Días máximos de extracción: 120.
Punto de control e venda: lonxa da Coruña.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.
-Confraría de pescadores de Corme.
Días máximos de extracción: 138.
Punto de control e venda: lonxa de Corme.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Camelle.
Días máximos de extracción: 144.
Puntos de control: peirao de Camelle.
Punto de venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Camariñas.
Días máximos de extracción: 64.
Punto de control e venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Muxía.
Días máximos de extracción: 148.
Punto de control: lonxa e peirao de Muxía.
Punto de venda: lonxa de Muxía.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Fisterra.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: embarcacións de vixilancia e lonxa de Fisterra.
Puntos de venda: lonxas de Fisterra e O Pindo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Lira.
Días máximos de extracción: 143.
Puntos de control: peirao e lonxa de Lira.
Puntos de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Muros.
Días máximos de extracción: 135.
Puntos de control: Ancoradoiro e peirao de Muros.
Punto de venda: lonxa de Muros.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, novembro a decembro.
-Confraría de pescadores de Porto do Son.
Días máximos de extracción: 84.
Punto de control: peirao de Porto do Son.
Punto de venda: lonxa de Porto do Son.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.
-Confraría de pescadores Carreira-Aguiño.
Días máximos de extracción: 84.
Puntos de control: Illa de Sagres, Illa de Sálvora e porto de Aguiño.
Punto de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.
-Confraría de pescadores de Ribeira.
Días máximos de extracción: 124.
Punto de control e venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.
-Confraría de pescadores do Grove.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control e venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confrarías de pescadores de Portonovo, Bueu e Sanxenxo.
Días máximos de extracción: 146.
Punto de control: zona de extracción.
Puntos de venda: lonxas de Portonovo e Bueu.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Cangas.
Días máximos de extracción: 120.
Punto de control: zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Vigo.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Canido.
Punto de venda: lonxa de Canido.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores de Baiona.
Días máximos de extracción: 70 a pé, 120 desde embarcación.
Punto de control e venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
-Confraría de pescadores da Guarda.
Días máximos de extracción: 45.
Puntos de control: Pedornes, porto de Santa María de Oia, Tío Rincho, explanada Horizonte e Ribel.
Punto de venda: lonxa da Guarda.
Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.
Artigo 8º.-Navalla e longueirón.
-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Ribadeo.
Zona de traballo: ría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 18.
Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: agosto a outubro.
-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Foz.
Zona de traballo: bancos de Fondás, O Taro e Fontorto.
Días máximos de extracción: 15.
Puntos de control e venda: lonxa de Foz.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, setembro e outubro.
-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Celeiro.
Zona de traballo: praia de Covas.
Días máximos de extracción: 24.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, setembro a novembro.
A praia de Area permanecerá pechada para esta especie durante todo o ano.
-Plan de longueirón da confraría de pescadores do Vicedo.
Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.
Días máximos de extracción: 15.
Punto de control: Lombo das Navallas.
Punto de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, agosto e setembro.
A zona de Punta Villabril a Punta Espiñeira permanecerá pechada todo o ano para o longueirón vello.
-Plan de longueirón das confrarías do Vicedo e O Barqueiro.
Zona de traballo: Lombo das Navallas.
Días máximos de extracción: 15.
Punto de control: Lombo das Navallas.
Puntos de venda: lonxas do Vicedo e O Barqueiro.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, agosto e setembro.
-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.
Días máximos de extracción: 26.
Puntos de control: praia de Lama, Ponte Vella, peiraos do Barqueiro e San Fiz.
Punto de venda: lonxa do Barqueiro.
Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.
-Confraría de pescadores de Cedeira.
Días máximos de extracción: 45.
Punto de control: Casa do Pescador, Vilarrube e lonxa de Cedeira.
Punto de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: abril a setembro.
-Confraría de pescadores de Sada.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control: praia de Sada, Gandarío e Moruxo.
Punto de venda: lonxa de Sada.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo e abril.
-Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.
Días máximos de extracción: 88.
Punto de control e venda: Fonte de Santa Helena.
Épocas probables de extracción: xaneiro a xullo.
-Confraría de pescadores de Camariñas.
Días máximos de extracción: 47.
Puntos de control: Ariño, Monte da Mina e Punta Sandía.
Punto de venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: marzo a agosto.
-Confraría de pescadores de Muxía.
Días máximos de extracción: 164.
Punto de control e venda: lonxa da confraría.
Punto de venda: lonxa municipal.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
-Confraría de pescadores de Fisterra.
Días máximos de extracción: 97 a pé; 190 a mergullo.
Puntos de control: embarcación de vixilancia e lonxas de Fisterra e O Pindo.
Puntos de venda: lonxa de Fisterra e O Pindo.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro. Excepto en Langosteira que será de xullo a decembro.
-Confraría de pescadores de Corcubión.
Días máximos de extracción: 25.
Puntos de control: praias de Corcubión, Estorde, Cee e O Ézaro.
Punto de venda: lonxa de Corcubión.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto e setembro.
-Confrarías de pescadores de Lira e O Pindo.
Días máximos de extracción: 147.
Puntos de control: praia de Carnota e peirao de Lira.
Punto de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, xuño a outubro.
-Confraría de pescadores de Muros.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control: Bornalle e Ventín.
Punto de venda: lonxa de Muros e Esteiro.
Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, xullo, agosto, setembro e decembro.
-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.
Días máximos de extracción: 105.
Puntos de control: praia de Carreira e peirao de Aguiño.
Punto de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: maio a setembro.
-Confraría de pescadores de Ribeira.
Días máximos de extracción: 85.
Puntos de control: Coroso, Touro, praia de Ladeira e lonxa de Ribeira.
Punto de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xuño a setembro.
-Confraría de pescadores de Palmeira.
Días máximos de extracción: 86.
Punto de control: lancha de vixilancia.
Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.
Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.
-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.
Días máximos de extracción: 41.
Puntos de control: Areal, Franco, Friscos e lonxa da Pobra do Caramiñal.
Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.
Épocas probables de extracción:
A pé: abril e maio.
Desde embarcación: abril, maio, de setembro a decembro. Cabío estará pechado no mes de decembro.
-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control: praias de Barraña e Mañóns
Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.
Épocas probables de extracción: abril e maio.
-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores do Grove.
Zona de extracción: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 120.
Punto de control e venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: de febreriro a outubro.
-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de pescadores de Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra, Lourizán, Bueu e Marín.
Zona de extracción: Punta Faxilda a Punta Morcegos.
Días máximos de extracción: 253.
Punto de control: zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Portonovo, Campelo e Bueu.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Bueu.
Arte a utilizar: rastro de navalla.
Zona de extracción: Punta Morcegos a Punta Lapamán.
Días máximos de extracción: 60.
Puntos de control e venda: zona de extracción e lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro.
-Plan de navalla e longueirón da Confraría de Pescadores de Aldán.
Zona de extracción: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 194.
Puntos de control: na zona de extracción e lonxa de Aldán.
Punto de venda: lonxa de Aldán.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, xullo a decembro.
-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Cangas.
Zona de extracción: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 180.
Puntos de control: na zona de extracción e na lonxa de Cangas.
Punto de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro, cun descanso de dous meseses consecutivos no período comprendido entre febreiro e abril.
-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Vigo.
Zona de extracción: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 160.
Punto de control: zona de extracción.
Punto de venda: lonxas de Canido e Redondela.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro, cun descanso de dous meses consecutivos no período comprendido entre febreiro e abril.
Artigo 9º.-Algas.
Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación:
-Confraría de pescadores de Camariñas.
-Confraría de pescadores de Camelle.
-Confraría de pescadores de Cangas.
-Hispanagar, S.A.
-Algas de Galicia, S.L.
-Algamar C.B. Redondela.
-Conservas y Ahumados Lou, S.L.
-Compañía Española de Algas Marinas, S.A.
-Central Galaica de Plantas Medicinales.
-Conservas Porto-Muíños.
-Mariscos Calimar.
De acordo co establecido no artigo 4 do decreto citado deberá solicitarse ante o delegado territorial cunha antelación mínima de 15 días, autorización para desenvolve-la actividade extractiva.
Disposicions adicionais
Primeira.-As solicitudes a que se refieren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, axustaranse ós modelos que figuran como anexos (II, III e IV) da presente orde.
Segunda.-Os rastros remolcados, definidos nos artigos 120 a 123 do Regulamento da actividade pesqueira, das artes e aparellos permitidos en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, no seu capítulo X, só poderán capturar un 10% de especies acompañantes sempre e cando as ditas especies non estean sometidas a un plan específico aprobado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Terceira.-Segundo o disposto no artigo 2.1º do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que
se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación; non sendo recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras.
Cuarta.-Con carácter xeral autorízase a extracción de moluscos bivalvos as vésperas de festivos durante todo o ano 2001, sempre e cando o estado dos recursos o permita.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras, que serviron de base para a presente orde estarán dispoñibles nos servicios centrais, delegacións territoriais e comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como na sede central das entidades responsables destes.
Segunda.-Autorízase o director xeral de Recursos Mariños para o desenvolvemento desta orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
ANEXO I
-Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta Cova Baixa e Punta do Santo.
-Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre Punta do Cabalo a Punta Morago.
-San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada pola punta crebaondas do dique norte da Alúmina e a punta oeste do illote A. Anxuela.
-Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta de Cabo Burela a Faro Pedra e de Faro Pedra a Punta Areoura.
-Nois: demora NL Punta Nois a demora NL no extremo oeste da praia de Arealonga.
-Foz: entre as demoras N e NL de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.
-Gahíto: demora N Punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.
-Rinlo: demora N Punta Corbeira/N Punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.
-Ribadeo: demora N Punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.
-Enseada de Santa Marta o de Cariño: a zona comprendida entre Punta Espasante e Punta O Seixo.
-Cedeira: a zona comprendida entre Punta Castrelo e Punta de Sarridal.