Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 24 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade e concesión dun establecemento de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares localizados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de permiso de actividade e da concesión de dominio público do establecemento que se describe:

Tipo: criadoiro.

Nome: O.P. Cultivos Marinos Ría de Muros y Noia.

Actividade: criadoiro.

Especies: ostra plana, ameixa (fina, babosa, xaponesa).

Ubicación: Punta Cotarín. Outes (A Coruña).

Ocupación dominio público: 268 m.

Solicitante: O.P. Cultivos Marinos Ría de Muros y Noia.

DNI/CIF: G15478761.

O expediente, integrado polo proxecto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificio administrativo San Caetano. 15771 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños