Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de permiso de actividade e concesión do establecemento que se describe:
Tipo: granxa.
Nome: Paquito S.L.
Actividade: engorde.
Especies: rodaballo e robaliza.
Localización: Esteiro-Concello de Boiro (A Coruña).
Superficie de dominio público ocupada: 1.389 m.
Solicitante: Paquito, S.L.
DNI/CIF: B15055783.
O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.
Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificio administrativo San Caetano. 15771 Santiago de Compostela (A Coruña).
Horas: das 9 ás 14 horas.
Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.
Javier Pereiro Muñoz
Director xeral de Recursos Mariños