Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 24 de novembro de 2000, da Delegación Comarcal de Ribeira, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 00/001232-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada delegación comarcal de Ribeira, praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 00/001232-1.

Denunciado: Fco. Javier Sánchez Blanco.

DNI: 33.248.591-K.

Enderezo: Mayor 9-12, Granada.

Nº de expediente: PESAN1 00/001256-1.

Denunciado: José María Oubiña González.

DNI: 33.235.331.

Enderezo: Goiáns, Boiro.

Ribeira, 24 de novembro de 2000.

José Casais Torres

Delegado comarcal de Ribeira