Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 95

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación da concesión (segregación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3269; XG-365.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de segregación dos tráficos Ourense, polígono de San Cibrao das Viñas dentro da concesión V-3269; XG-365, da titularidade da Empresa Villalón, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Ourense (Curros Enríquez 1, entlo.), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes