Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 95

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0366; XG-017, Chantada-Os Peares, por substitución da concesión V-0366; XG-017, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 5 de outubro de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Olga Ledo García, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0366; XG-017, Chantada-Os Peares, por substitución da concesión V-0366; XG-017, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

Itinerarios e puntos de parada.

Chantada, A Ponte, O Convento, Padrairo, Camporramiro, Mundín, Vilaúxe, A Lagoa, Pepes, O Castro, A Placería, Nespereira, Meixonfrío, Vilaquinte, Os Chaos, Prado, Lama, A Touza e Os Peares.

Expedicións.

Vilaquinte-Chantada (22,5 Km).

-Dúas expedicións de ida e volta os luns, martes, xoves e venres lectivos.

-Unha expedición de ida e volta os luns, martes, xoves e venres laborables en período non lectivo.

Os Peares-Vilaquinte-Chantada (31,5 Km).

-Unha expedición de ida e volta os mércores laborables.

-Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes.

Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/Km: 11,0540 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,8278 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6581 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de

Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes